‘Destructoterapia’ e cine no 8M carballés

Unha mesa redonda celebrada o xoves. | CEDIDA
O Concello de Carballo está na recta final dunha ampla programación para conmemorar o Día Internacional da Muller, cun conxunto de actividades que combinan reflexión, creación cultural, participación cidadá e procesos de empoderamento feminino.
Comezarán os actos este sábado ás 11.00 horas, cando o polígono industrial de Bértoa acollerá unha sesión de destructoterapia dirixida a mulleres. Esta é unha proposta innovadora de xestión do estrés que busca ofrecer ferramentas prácticas para o benestar emocional, dentro dunha perspectiva de auto-coidado e fortalecemento persoal. Posteriormente, ás 20.00 horas, darase o concerto Vacanal Sinfónica, de De Vacas, auditorio do Pazo da Cultura. O domingo 8 de marzo lerase ás 12.00 horas na Praza do Concello a declaracións institucional. A continuación, desenvolverase unha xornada de sensibilización aberta a todas as idades, na que se elaborará un ‘Carballo da Igualdade’ coa participación das persoas asistentes. A xornada rematará cunha sesión vermú a cargo da DJ carballesa Sara Pose.

Especial 8M 2026
Especial 8M 2026Xa o luns, proxectarase na Sala Cervantes do mercado municipal o filme Adeus, Berta. A programación do 8M complétase coa continuidade do grupo de empoderamento feminino Camiñando xuntas, coordinado pola consultora Nós Igualdade. Esta iniciativa desenvolverase entre marzo e xuño, con oito sesións presenciais dirixidas a mulleres carballesas. n
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo