ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026
Bergantiños propón un verán de rutas, lecturas á beira do mar e tecnoloxía
A Laracha ofrece visitas guiadas para gozar do patrimonio histórico, natural e cultural de Caión

O Concello organiza este verán visitas guiadas por Caión. | CEDIDA
Visitar espazos e lugares de interese ou gozar da lectura dun bo libro á beira do mar son algunhas das propostas para este verán en Bergantiños. Así, o Concello da Laracha volve organizar un novo programa de visitas guiadas pensado para todos os públicos -veciños, turistas e visitantes de calquera idade- co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico, natural e cultural de Caión.

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026
SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026Caión, entre mareas e historia consiste nun percorrido cultural guiado pola vila no que descubrir os lugares e puntos de interese máis destacados. A visita comeza na Oficina de Turismo, situada na antiga casa reitoral, e remata cunha parada no museo do Arquivo da Pesca, un espazo que permite coñecer de preto a historia e tradición mariñeira da localidade. Este roteiro realízase todos os mércores e venres entre o 22 de xullo e o 4 de setembro, con saída ás 12.00 horas.
A participación é gratuíta, pero require inscrición previa. As persoas interesadas poden anotarse enviando os seus datos persoais por correo electrónico a turismo@alaracha.gal, chamando ao 647 828 510 ou ben presencialmente na oficina de turismo.
Con esta iniciativa o Concello reafirma o seu compromiso coa posta en valor do seu patrimonio e coa promoción dun turismo sostible, enriquecedor e aberto a toda a cidadanía.
Bibliopraia en Razo
Pola súa banda, en Carballo convidan a visitar a biblioteca coas mellores vistas do mundo na praia de Razo. Unha proposta para que, ademais de practicar surf, bañarse, tomar algo nunha terraza ou xogar ao voleibol, veciños e visitantes teñan ao seu alcance a pé de praia os últimos éxitos literarios e un punto de información cultural.
Un espazo que non só ofrecerá literatura e cultura, senón que tamén brindará consellos directos sobre a exposición solar segura. A Praia dos Libros mantén o servizo de préstamo para o cal é preciso contar co carné da Rede de Bibliotecas de Galicia (que tamén pode tramitarse de forma sinxela na propia praia).
A bibliopraia estará aberta de luns a venres de 15.00 a 19.00 horas, e facilitará o acceso a pé de praia aos últimos éxitos literarios, a revistas e a folletos informativos sobre a ampla oferta cultural e medioambiental que ofrece o litoral carballés este verán, como o programa Eu quero Razo-Baldaio.
As persoas usuarias deste servizo tamén terán á súa disposición diverso material divulgativo e recursos específicos para coidarse do sol mentres gozan dun bo libro.
E os máis novos poden gozar este verán de campamentos infantís sobre robótica, intelixencia artificial e ciberseguridade na Aula CeMIT carballesa. En agosto desenvolveranse os obradoiros Futuros makers (11-12 anos) e Makers avanzados (13-14 anos).
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína