Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Guerra en Facebook

A duna de Corrubedo é de Olveira

Dous grupos con centos de seguidores rivalizan na rede social Facebook sobre a ubicación xeográfica do maior reclamo turístico do Barbanza ·· Outro foro, adicado a quenes teñen fotos de cando se podía camiñar sobre este espazo protexido, suma xa 1.473 membros

¿Está realmente en Corrubedo a famosa duna de Ribeira ou na veciña parroquia de Olveira?

A orixe da polémica remóntase a 1992, cando a Xunta declarou Parque Natural o denominado Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. O feito de que, baixo o topónimo de Corrubedo, se incluira todo un sistema que ocupa case mil hectáreas delimitado por esta parroquia e as de Artes, Carreira e Olveira, dou lugar a que, dende entón, se asociase a duna a Corrubedo, a efectos de promoción turística.

Co paso dos anos, a rivalidade veciñal non pasou, afortunadamente, dunha amable guerra fría. Pero alguén (concretamente Fran Muñiz Pillado) decideu trasladar este casus belli a Internet, creando na rede social Facebook o grupo Dunas de Olveira, que onte tiña xa 114 membros.

Nela, reclámase a propiedade da duna para Olveira co seguinte argumento: "A ver si aprendemos que as dunas son de Olveira, carallo... hai unha ligazón máis abaixo na páxina; non hai máis que ir ahí e comparar o mapa con Google Earth. Branco e en botella... dunas de Olveira".

Pero, para liala aínda máis, posteriormente Mon Martínez creou tamén en Facebook un grupo rival, denominado As dunas son de Corrubedo por moito que digan os de Olveira, que onte sumaba xa 108 membros.

Pero non son as únicas páxinas adicadas á duna ribeirense en Facebook. Nin moito menos as de maior afiliación. O Bar Balado tivo a orixinal idea de crear o grupo Eu tireime a rolos polas dunas de Corrubedo, que ten nada menos que 1.473 membros.

Nela, sinálase que "como sabedes, agora as dunas non se poden pisar, baixo pena de multa. Entón, seguro que tedes fotos de pequenos e de fai anos de cando se podía subir e disfruar delas. Xuntemos moitas fotos para unha exposición". De momento xa hai 23 imaxes, entre elas a dun grupo de xóvenes que mesmo posaron aos pes da duna cunha furgoneta de Lejías Madrid.

Existen outros dous grupos adicados a Corrubedo. Un, denominado Friends of Corrubedo, (creado por Samuel Martín) ten 22 membros e está adicado a quenes pasaran unhas vacacións alí na década dos 90. Outro, denominado Corrubedo e creado por Ana González, ten 119 membros e está formado "por e para corrubedenses, nativos ou de adopción (primos hasta o vixésimo cuarto grado, veraneantes, pandillas dos 60, 70, 80, 90..., anexos ás pandillas e outros".

Pero, segundo os planos oficiais do Concello de Ribeira, a duna móbil (a maior do noroeste peninsular, de 1,2 kilómetros de lonxitude, 250 metros de ancho e 15 metros de altitude nos seus puntos máis elevados), está en territorio... de Olveira.

Tendo en conta que as correntes de aire arrastran a area a un ritmo de 2 a 3 centímetros por ano, podía darse o caso de que, no futuro, a duna chegase a Corrubedo. Sin embargo, o vento móvea cara o interior, en dirección nordeste... hacia Olveira.

Por certo: Corrubedo pertenceu a Olveira hasta o ano 1928.

. delegribeira@elcorreogallego.es

14 feb 2010 / 00:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito