El Correo Gallego

Comarcas | comarcas@elcorreogallego.es

cousas do demo

Abandonados pola vagancia dos políticos

VÍCTOR FURELOS   | 24.03.2009 
A- A+

Hai interese por crear unha Ruta do Viño na subzona da Ulla, dentro de denominación de orixe Rías Baixas, que xa conta con unha no Salnés.

Á primeira reunión acudiron empresarios con bodegas, restaurantes ou aloxamentos. Os expertos, arroupados polo presidente do consello regulador e un representante do Goberno central, explicaron os detalles. A unión de forzas será clave. Co viño como base pódese crear turismo. Todos deben defender os productos e presumir deles. Nese tecido formado na ruta deben recomendar a visita ó veciño. Hai que falar ben dos platos do restaurante, da comodidade da casa rural, do artesán, dos nosos productos e tratar ós turistas o mellor posible para que repitan.

Na creación desta ruta é importante a participación municipal pero nesta primeira reunión os asistentes sentiron vergoña ó verse abandonados. Só estaban os representantes de Vedra -con dous concelleiros e un técnico- e non acudiron nin deron ningún tipo de desculpa os de Teo, Padrón, Boqueixón, Touro, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces. Foi unha ausencia dolorosa.A vagancia dos políticos, que só tiñan que mandar ir a un técnico, deixou en evidencia o interese por impulsar un turismo que xa ten dado mostras de funcionar nunha morea de onas vinícolas de toda España.

Claro que as eleccións xa foron, e se aínda estivesen ahí sería mellor ir ás festas dos vellos, que dan máis votos.