El Correo Gallego

Comarcas | comarcas@elcorreogallego.es

Brión celebra a XXI Feira do Libro cunha amplabatería de actos

C.G.   | 15.05.2011 
A- A+

MES DAS LETRAS. Maio, o mes das Letras Galegas, é tamén o mes do libro e da lectura en Brión. Así, dende mañá luns e ata o vindeiro día 31, o Concello de Brión celebrará a XXI Feira do Libro, que este ano presenta un amplo programa de actividades. Durante eses días a biblioteca brionesa recibirá as visitas de escolares do CEIP e do IES de Brión, das unitarias e tamén da gardería.