El Correo Gallego

Comarcas | comarcas@elcorreogallego.es

Luis Oujo Pouso: “Vai sendo hora de facer vivendas tamén para os veciños do Son”

A pesca, o turismo e a industria son os pilares sobre os que asentar futuro do Concello // Baroña é un referente para toda Galicia e temos que poñelo en valor para o comercio e a hostalería // Mellora das comunicacións e da fachada marítima son outras prioridades para o grupo de goberno

XOÁN SALGADO PORTO DO SON  | 11.09.2011 
A- A+

Pablo Silva
Luis Oujo considera unha prioridade a fachada marítima
FOTO: Pablo Silva

Foi chegar e besa-lo santo, como di a expresión popular. Xosé Luis Oujo Pouso, empresario e expresidente de empresarios en Porto do Son, deu o salto á política apenas con dous meses de prazo para fa-cer campaña diante das eleccións municipais de maio último.

P.- O 25 de marzo aínda non se decidira pola aventura política.

R.- Foi todo algo precipitado, si. Ante a renuncia de Manolo Tomé por razóns persoais, propuxéronme reemprazalo. Medi-teino unhos días e aceptei porque me garantiron que podería acudir co meu equipo e me aseguraron o apoio da Xunta. E decidín dar o paso porque creín que dende a miña experiencia empresarial podía aportar algo á política.

P.- Chega a unha Corporación que leva anos demasiado crispada.

R.- Estou plenamente de acordo co que di. Pero eu non viñen a política para entrar en polémicas ou descalificacións con nadie. Nin me gusta, nin vai coa miña forma de ser. Estamos aquí para gobernar en beneficio de todos e eu non lle pregunto a nadie cales son as súas ideas ou por qué partido votou. Temos que cambiar a imaxe que dábamos de crispación, de insultos e de descualificacións que entraban no ámbito do persoal. Creo que o estamos conseguindo, que se está vendo que estamos todos pola idea de traballar, incluso con acordos por unanimidade, ou nós mesmo admitindo propostas dos outros partidos.

P.- Non se lle oculta tampouco que chega en época de vacas flacas.

R.- Claro. E que son momentos de priorizar, de manter o que temos, de optimizar os poucos recursos dos que dispoñemos. Pero, mire, durante a campaña, cando me achegaba a moitos lugares e parroquias poiden comprobar que tampouco as exisencias da cidadanía eran tan extraordinarias. Todas partían do sentido común. Decíanme, si non podedes facer unha nova carretera, polo menos arranxade a que hai, coas cunetas limpas e sen baches. O veciños son conscientes de que non son momentos para despilfarros.

P.- Eso require fixar prioridades. A seu xuicio ¿por onde pasan as de Porto do Son?

R.- Nós temos claro que hai tres pilares fundamentais. A pesca, a hostalería e o comercio e, por fin, a industria. O que temos que facer é potenciar esos tres pilares, saber a onde queremos chegar co turismo –eu digo con frecuencia que ó mellor non é o de Sanxenxo o modelo que máis nos conveña– pero temos que ordenar o comercio e a hostalería para atender a demanda de visitantes. Queremos tamén que as nosas empresas se queden aquí. E non é tanto a ambición de un polígono industrial como sí dun parque empresarial onde podan asentarse as empresas que xa temos e as que poidan vir novas. Que as empresas estén donde podan desenrolar a súa actividade dentro da lei e cos medios axeitados, onde podan ir a un banco e pedir un crédito sobre esas instalacións, cousa que ahora mismo non poden facer moitas delas por estar en situación alegal. Eso é o que temos que regular. Porque si esas empresas se van para Ribeira, poño por caso, detrás irá a man de obra e máis tarde esas familias acabarán por instalarse definitivamente onde está o seu lugar de traballo. E, claro, atender tamén a pesca, da que somos un referente importante no sector do cerco en Portosín, e revitalizar a esmorecida lonxa de polbo de Porto do Son. Todo elo cunhas vías de comunicación axeitadas tanto cara o Norte como cara o Sur, como lle fixen ver ó conselleiro. Porque somos un paréntesis entre Ribeira, onde acaba unha autovía e Noia, onde rematará outra. E nós, no medio, esquecidos.

P.- Fala de perda de poboación pero a tipoloxía da edificación con mini-apartamentos non favorece o asentamento das familias?

R.- É claro que o urbanismo neste Concello foi anárquico nos últimos tempos, algo que temos que correxir co PXOM, mantendo a tipoloxía de Porto do Son, que aínda é salvable si respetamos o catálogo de edificios singulares que xa existe, frente a Portosín que basta miralo para ver o que non se pode facer. Ademais, hai que facer vivendas, sí, pero para os veciños de Porto do Son, para que as familias novas que se casan podan establecerse aquí, o que non pasa por esos pisos-apartamentos de 50 metros. Teñen que ser vivendas para acoller a unha familia a precios razonables e con servicios. ¿Que ademáis ven xente de fora en plan turístico? Pois benvida sexa. Pero a prioridade teñen que ser os nosos veciños. Quedan despois as parroquias, que tamén haberá que contemplar dentro dun crecemento racional e sen perder a sua singularidade.

P.- Cando se poderá contar con ese instrumento do PXOM.

R.- -Pretendemos que antes de final de ano podamos presentarlle á Xunta a aprobación inicial dese Plan xeral. Para eso e para garantir a súa axilización o que fixemos foi traballar a tres bandas. Por una parte a empresa redactora, Constructora Galega, pola outra o Concello e finalmente a Xunta, de xeito que todos os pasos que se van dando sexan consensuados entre todos e non sufran retraso.

P.- Baroña parece interesar a moitos e preocupar a menos, pois segue pendente de actuacións

R.- O Castro de Baroña é singular e único; un referente en sí mesmo para o Concello e para toda Galicia. Traballemos sobre él, coidémolo e sepamos poñelo en valor. Porque ten do orden de cen mil visitas cada ano, xente de paso que sigue ruta. E temos que aproveitar esa afluencia para que xenere valor engadido. Acaba de ser declarado Ben de Interés Cultural o que reforza a súa protección e hai prevista xa unha inversión de 120.000 euros en dúas partidas, para cuidado e aspectos de conservación e investigación. Queda despois o centro de interpretación, pero a crisis non no lo pon nada fácil.

P.- ¿A fachada marítima do Son?

R.- É un dos cinco proxectos prioritarios. Pretendemos que sexa unha iniciativa que vaia máis alá da actividade pesqueira e que contemple tamén a actividade náutica como xeneradora de riqueza e emprego. As actuacións van a comenzar xa con 60.000 euros.