Robots reducen tempos de trámites no Concello de Rois de tres horas a 20 minutos
Este municipio está a participar nun ensaio piloto para axilizar trámites repetitivos na administración local

Presentación do proceso de robotización do Concello de Rois. CONCELLO DE ROIS
O Concello de Rois (A Coruña) participa nun ensaio piloto co uso de robots para axilizar trámites repetitivos na administración local.
Este mércores, presentouse en Santiago este proxecto que impulsa a empresa compostelá Audicon, que conseguiu que robots reduzan tempos de tarefas de tres horas a 20 minutos no municipio de Rois.
En concreto, puxéronse en marcha catro robots que traballan como unha aplicación software e realizan as tarefas dun traballador, pero a velocidades máis rápidas e sen erros. Para estes procesos habitualmente tediosos úsase a tecnoloxía informática RPA (Robotic Process Automation).
O alcalde Rois, Ramón Tojo, destaca que esta experiencia de automatización serve para optimizar os escasos recursos cos que contan as administracións locais.
A interventora do Concello, Begoña Collazo, explica que o proceso de comunicación do orzamento anual do Concello ao Ministerio de Facenda é unha obriga legal que require cubrir unha ducia de formularios na oficina virtual. Así, o programa piloto conseguiu cumprimentar de forma automática cinco deses documentos nuns 20 minutos, cando habitualmente leva un tres horas.
Este sistema RPA está a probarse tamén na Deputación de Badaxoz, mentres os responsables de Audicon espera ampliar a súa implantación noutros concellos galegos en próximos meses.
SANTIAGO. EUROPA PRESS
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'