Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Pepe Suevos e Fátima Pego promocionan os bonos do Merc@ames

Fátima Pego e Pepe Suevos participan na campaña do comercio local. Foto: C. Ames

Fátima Pego e Pepe Suevos participan na campaña do comercio local. Foto: C. Ames / Alba Prada

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Alba Prada

AMES. O actor Pepo Suevos e a cantante Fátima Pego están sendo os encargados de promocionar as tarxetas da campaña do comercio local Merc@ames. A través de vídeos, difundidos nas redes, ofrecen información sobre os prezos, o xeito de conseguilas, como utilizalas e as vantaxes que supón para a veciñanza e o comercio local esta iniciativa. En concreto, graváronse dous vídeos en ton de humor, un na casa da cultura de Bertamiráns que informa sobre o que son e como mercar os bonos, e outro nun establecemento no que se amosa como se utilizan. Fixéronse dúas versións, unha curta para o

Instagram e outra longa para o Facebook. A tarxeta-bono Reactiva Ames é unha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor dos beneficiarios unha axuda do 40% do valor da mesma. Funcionan como unha visa prepago. A.P.

Tracking Pixel Contents