Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Plazo para as prazas libres nas escolas deportivas amienses

A matrícula pódese xestionar de xeito telemático a través da plataforma Cronos

Mozos amienses xogando o basquet

Mozos amienses xogando o basquet

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Ames. Unha vez rematado o primeiro período de inscrición, a concellería de Deportes de Ames abre a matrícula para as prazas libres das Escolas Deportivas Municipais 2021/22. As persoas que estén interesadas poden xestionar a matrícula de xeito telemático a través da plataforma Cronos, no módulo de Inscrición en clases.

Todas as persoas poden inscribirse nunha primeira actividade se non o fixeron no primeiro prazo ou se quedaron excluídas neste.

Tamén se poden inscribir nunha segunda actividade quenes xa se inscribiron nunha no primeiro prazo. Poden xestionar a matrícula de xeito telemático a través da plataforma Cronos, no módulo de Inscrición en clases.

Unha vez que se obteña praza na plataforma Cronos deberá xestionarse o pagamento solicitando a folla de autoliquidación nas oficinas de Recadación a través do correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 884 896 ou realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (non precisa certificado electrónico) premendo na opción de pagar taxas.

Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas da praza Horta de Abaixo, no número seis, en Bertamiráns, ou na rúa Viorneira, no número seis, no Milladoiro.

Despois non é preciso entregar o resgardo, dado que este chega automaticamente. Cómpre lembrar que, se non se realiza o pagamento no prazo de tres días, a inscrición quedará anulada. arca

Tracking Pixel Contents