Anotacións para a segunda etapa da andaina saudable na ruta de Xiro dos Montes do 18
Inclúese no programa da concellería de Promoción da Saúde, e os interesados teñen ata o 16 para sumarse

Una parte da ruta, que inclúe motivos mitolóxicos enxebres, polo Monte Viso que organiza o Concello de Ames o día 18. Foto: CSC / M. Outeiro
M. Outeiro
A Maía. A concellería de Benestar Social e Promoción da Saúde de Ames dálle continuidade ao programa municipal de Andainas Saudables coa segunda etapa do Xiro dos Montes de Compostela. Esta ruta que se acometerá o vindeiro sábado, 18 de decembro, é a continuación da realizada o vinte de novembro polo Monte Viso. Percorreranse 6,6 quilómetros, partindo dende o Monte do Gozo ata chegar ao Monte Deus, e quenes desexen anotarse poden inscribirse por email (promociondasaude@concellodeames.gal) ata o vindeiro xoves, 16 de decembro (ata as 14.00 horas como límite).
O Concello informa que haberá servizo de autobuses, que sairán ás 10.00 horas da casa consistorial, en Bertamiráns, e ás 10.15 horas da casa da cultura do Milladoiro. A ruta Xiro dos Montes de Compostela forma un gran corredor de 34 quilómetros de lonxitude que rodea a cidade de Santiago e comunica entre si os principais montes urbanos (Monte do Viso, Monte do Gozo, Monte de Deus, Monte Pedroso, Monte de Vidán, Monte de Conxo, Monte de Santas Mariñas e Monte Gaiás), poñéndoos á súa vez en relación co itinerario verde urbano e as restantes zonas verdes existentes: con outros parques e xardíns, cos carreiros rurais e forestais e cos diferentes Camiños de Santiago, creando unha gran senda verde que facilita a integración e o diálogo da cidade coa súa contorna natural.
A concelleira Luísa Feijóo explica que “o programa de Andainas Saudables continúa o sábado, 18 de decembro, cunha nova etapa polo Xiro dos Montes de Compostela, na cal poderemos seguir practicando marcha nórdica. A primeira etapa que se fixo polo Monte Viso tivo unha gran aceptación entre a veciñanza amesá e agora agardamos que esta nova andaina tamén esperte o interese dos veciños e veciñas ós que lles gusta camiñar”, explicaba. m. Outeiro
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre