Os maiores de 60 anos do programa Amessan van ter a súa Festa de Nadal o domingo
Haberá servizo de bus ata a capital, máis chocolatada, música e baile para os usuarios das actividades

Ximnasia terapéutica ao aitre libre dentro do programa Amessan. Foto: CDA / M.M.
M.M.
A Maía. A segunda edición da Festa de Nadal do programa Amessan chegará o vindeiro domingo, 19 de decembro, ás 17.00 horas, ata a casa da cultura de Bertamiráns. Haberá actuacións dos grupos de pandereteiras, así como degustación de chocolate, rosca, música e baile, entre outros. E disporase de servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as parroquias. Sairán dende a casa da cultura do Milladoiro ás 16.45 horas. Para participar na Festa de Nadal hai que inscribirse chamando ao número de teléfono 662 377 044.
Trátase dun programa de envellecemento activo, destinado a persoas maiores de 60 anos, que inclúe actividades de ximnasia terapéutica e de manualidades, así como obradoiros de música tradicional e de memoria, baile e bailoterapia. Estas actividades desenvólvense nas casas de cultura e nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tarroeira e Trasmonte.
A Festa de Nadal do programa Amessan, organizado pola concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames vai rotando entre Bertamiráns e mailo Milladoiro. En 2019 celebrouse no Milladoiro, en 2020 non se desenvolveu debido ás restricións pola pandemia da covid, e no ano 2021 vaise realizar en Bertamiráns.
A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, explicaba que “despois duns tempos duros de confinamento e moitas restricións, agora despois da terceira dose da vacina é hora de ir volvendo á “normalidade” aínda que respectando todas as medidas de precaución como son a distancia social, aforos e o uso da máscara. Necesitamos esa presencialidade, ese volver a compartir tempos, conversa, voltar a socializar, e sobre todo compartir experiencias, e como non compartir un pouco de baile e risas” protexidos da covid. M.M.
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La USC confirma todas las candidaturas a rectora excepto la de Alba Nogueira: "É unha cuestión formalista"
- La Guardia Civil localiza 3.000 plantas de marihuana en Ames: la mayor plantación desmantelada este año en Galicia
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Raxoi evalúa el proyecto para el nuevo barrio de Mallou y ve «cosas a mejorar»