Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mercamelide abre toda a fin de semana con horario continuo e unhas atractivas ofertas

Autoridades na apertura de Mercamelide este sábado. Foto: C.P.

Autoridades na apertura de Mercamelide este sábado. Foto: C.P. / Manuel Boo

Manuel Boo

Melide. O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou este sábado en Melide a XXVIII Feira de Oportunidades Mercamelide, organizada pola Asociación de Empresarios Terra de Melide- Centro Comercial Aberto (Asetem- CCA) e o Concello de Melide.

Manuel Heredia sinalou que iniciativas coma esta, que se celebra durante toda a fin de semana no Pazo de Congresos e Exposicións da localidade, deixan de manifesto a implicación e compromiso da asociación de comerciantes na dinamización e reactivación do comercio de proximidade do municipio coruñés.

O apoio ao asociacionismo comercial é un dos eixos de actuación prioritarios dentro da estratexia de apoio ao sector da Xunta que en 2021 aportou máis de 42.000 euros as diferentes iniciativas que Asetem desenvolve ao longo de todo o ano.

Mercamelide celébrase en horario continuo de 11.00 a 20.00 horas. Participan 14 tendas especializadas en mobiliario, menaxe, moda, decoración, produtos do fogar, seguros, produtos deportivos, mercería, complementos, calzado, lencería, perfumería, produtos de beleza e de novas tecnoloxías. C. V.

Tracking Pixel Contents