Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Carreiras de montaña en Boqueixón e contorna

Pavillón polideportivo de Lestedo, en Boqueixón

Pavillón polideportivo de Lestedo, en Boqueixón / S. E.

S. E.

Boqueixón. O CDM Vértice organiza unha das escolas de carreiras por montaña que está poñendo en marcha a Federación Galega de Montañismo, grazas a un convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e no marco do programa Corresponsables do Ministerio de Igualdade. Unha iniciativa que conta co apoio dos concellos de Boqueixón e Vedra.

Esta escola arrancará en maio e prolongarase ata novembro, e será unha actividade gratuíta, grazas ao devandito convenio. O CDM Vértice agarda darlle continuidade ao proxecto para facer desta escola unha proposta estable e permanente. A inscrición está aberta en https://clubvertice.es/escola

Esta actividade estará orientada á diversión e o pracer de xogar. A través dos xogos, os nenos e nenas aprenderán a técnica de carreiras por montaña, coñecerán os diversos terreos cos que se podemos atopar no monte, como aplicar a técnica de carreira a cada terreo... Practicarán xogos para mellorar a condición física e para coidar o medio ambiente.

Dirixida a menores de entre 6 e 16 anos, a sede da escola será o polideportivo de Lestedo, situado ao pé do Pico Sacro (Boqueixón). A escola dirixe Verónica Calvo. s. e.

TEMAS

Tracking Pixel Contents