Cita para os afecionados ao patinaxe en Bertamiráns

Unha anterior cita do Encontro de escolas deportivas municipais de patinaxe. Foto: CDA / M.M.
M.M.
A Maía. O Club de patinaxe artística Omega, do Milladoiro, e o Club de patinaxe Sarela, de Bertamiráns, organizan este venres 24 de xuño a décimo primeira edición do Encontro de escolas deportivas municipais de patinaxe artística Concello de Ames, –en colaboración coa administración municipal– no pavillón polideportivo da capital e coa participación dunhas duascentas persoas.
O programa previsto vai incluír dúas competicións entre os grupos das escolas e exhibicións dos clubs de patinaxe amesáns, que realizarán diferentes coreografías dun xeito grupal nese marco.
A cita abrirá as súas portas ás 11.30 e arrincará ás 12.00 horas, coa competición dos grupos A, que inclúe a cinco conxuntos e que durará aproximadamente 45 minutos. Deseguido, sobre ás 12.45 horas, terán lugar as dúas primeiras exhibicións. Ás 13.00 horas continuará a competición cos grupos B, e xa ás 13.25 horas, haberá unha nova rolda de exhibicións do CPA Omega, de novo de xeito individual con Martina Bretaña Míguez, da categoría nacional cadete, e do CP Sarela, cun show grupal. Por último, e como peche, arredor das 13.40 horas realizarase un desfile cos participantes e entregaranse galardóns. M.M.
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- Santiago se queda sin servicios mínimos de transporte urbano: los piquetes impiden la salida de los buses de Amio
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La carrera por el Rectorado de la Universidade de Santiago tendrá cuatro candidatas: Mar Lorenzo no se presenta
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Biotecnología rural a base de castañas: 'Queremos crear una industria de enzimas en Galicia
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Un fotógrafo compostelano conquista el LUX de Oro, el máximo galardón de la fotografía profesional de España