Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A lectura como fórmula para evitar os suicidios

Obradoiro de lectura na biblioteca de Dodro. Foto: A.A.PSM

Obradoiro de lectura na biblioteca de Dodro. Foto: A.A.PSM / C.G.

C.G.

ORDES/O SAR. A asociación Andaina PSM (Pro Saúde Mental) organiza puntos de lectura permanentes sobre suicidio en colaboración coas bibliotecas municipais das comarcas de Ordes e Ulla-Sar. Dita iniciativa vén a ser unha das actuacións que contempla a liña de información e sensibilización do programa de prevención do suicidio que a entidade desenvolve nos municipios destas comarcas. Neste 2022 as bibliotecas colaboradoras son as Bibliotecas Municipais de Ordes, Oroso, Dodro e Padrón. Os puntos de lectura están en funcionamento dende o mes de xuño e manteranse ata comezos do mes de outubro. A entidade invita ao seguimento da súa actividade en redes sociais (Andaina Pro Saúde Mental en Facebook e @andaina_prosaudemental en Instagram) para poder coñecer as datas nas que se desenvolverán os obradoiros de lectura nas restantes bibliotecas colaboradoras. Dita asociación iniciou o seu labor no 2010. C.G.

Tracking Pixel Contents