Negreira abre o Románico con danza, cetrería e queimada

Guerreiros medievais nunha anterior edición do Románico negreirés, a de 2019. Foto: ECG / M.M.
M.M.
A Barcala. A décimo quinta edición da Feira do Románico quece motores para encher a vila de Negreira de recreacións e actividades lúdicas. O programa comezará este venres 2 de setembro, destacando o espectáculo de cetrería (20.00 horas) e a queimada popular (22.00 h.) acompañada de danzas medievais. A apertura do mercado e os pasarrúas musicais completan as actividades.
Xa o vindeiro sábado 3 celebrarase a inauguración oficial a mediodía e a continuación ofrecerase unha actuación de danzas medievais. Nesa mesma xornada haberá espectáculo de acrobacias con Malatich (13.15 horas), mentres que á noite realizarase a voda medieval (22.15 horas) e o combate entre cabaleiros (20.30 h.). Pechará a actuación de Suaren Bataila (23.15 horas) e unha gran tirada pirotécnica. Neste mesmo día haberá máis espectáculos musicais itinerantes e os postos do mercado.
E xa o domingo 4 chegará ao seu fin a XV Feira do Románico con espectáculo de cetrería (11.30 e 20.00 horas) e celebrarase o Gran Torneo Medieval de cabalos (ás 13.00 e as 20.30 horas). A actuación teatral Os Monifates (14.00 h.) e o espectáculo Sub-Umbra (22.30 horas) pechan o programa desta edición. M.m.
- ¿Cómo era Santiago hace 50 años? Así es la ruta que revela cómo cambió la ciudad el año que murió Franco
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas
- La Xunta acuerda la construcción de 218 viviendas de promoción en Ames
- Prisión para el acusado de huir tras provocar un accidente mortal por un pique en Santiago
- Venden en cuatro horas 320 entradas para recibir el año en el pabellón de Bertamiráns
- Un testigo asegura que la menor atropellada frente a la Intermodal cruzó en rojo
- La Guardia Civil localiza 3.000 plantas de marihuana en Ames: la mayor plantación desmantelada este año en Galicia
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño