Tarde de actividades para cativos e mozos no Milladoiro co Concello e XEA

Unha anterior campaña de promoción do comercio. Foto: CA / M.M.
M.M.
Ames. A concellaría de Promoción Económica, en colaboración coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza as xornadas de Volta ao cole co comercio, dúas tardes de propostas lúdicas e sorteos que se desenvolverán este venres 9 de setembro, no Milladoiro, e o martes 13, en Bertamiráns para dinamizar as empresas maiás cun programa lúdico e sorteos.
A iniciativa ofrecerá actividades ás nenas e nenos de 3 a 11 anos, das 17.00 ás 19.00 horas, e á mocidade dos 12 aos 18, das 19.00 ás 21.00 horas, ademais de contar con arredor de 160 galardóns valorados en máis de 2.000 euros. A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, van a ser os espazos escollidos, e advirten que este luns informarase se manteñen ou adían a cita na capital local polas previsibles chuvias do martes 13.
A edil de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “por mor das predicións meteorolóxicas que daban choiva para o luns 5 e martes 6 de setembro, tiveron que adiarse as xornadas de Volta ao cole co comercio para o venres 9 de setembro no Milladoiro e o martes 13 en Bertamiráns. Haberá que agardar ao luns 12 pasa saber se a xornada do martes 13 en Bertamiráns se pode celebrar”. E tamén di que “con esta proposta queremos seguir dinamizando o comercio, dando vida as nosas rúas e tamén premiar aos nosos peque-veciños e veciñas, mozos e mozas, por estes 2 anos de volta ao cole tan raros”. M.M.
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- El regreso navideño más esperado en Santiago: un festival urbano con feria, foodtrucks, conciertos y más sorpresas
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
- La USC confirma todas las candidaturas a rectora excepto la de Alba Nogueira: "É unha cuestión formalista"
- La Guardia Civil localiza 3.000 plantas de marihuana en Ames: la mayor plantación desmantelada este año en Galicia
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Raxoi evalúa el proyecto para el nuevo barrio de Mallou y ve «cosas a mejorar»