Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

‘Mímesis’ trae a danza á vila amesá o día sete

O espectáculo ‘Mímesis’ chegará o día 7. Foto: Zig Zag

O espectáculo ‘Mímesis’ chegará o día 7. Foto: Zig Zag / Claudina Estévez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Claudina Estévez

AMES. A programación de actividades para o público infantil de Ames continúa en outubro co espectáculo de danza Mímesis, da compañía Zig Zag Teatro. Trátase dun espectáculo dirixido ás familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos, no que se construirá un espazo para ser habitado e compartido polos intérpretes e as persoas asistentes. Será o vindeiro venres 7 de outubro na casa da cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas. Mímesis é unha produción internacional realizada entre España e Alemaña, que parte da honestidade e o respecto. C.E.

TEMAS

Tracking Pixel Contents