Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Boqueixón participou na Zumba Class Solidaria

Un momento da Zumba Class Solidaria. Foto: C. Boqueixón

Un momento da Zumba Class Solidaria. Foto: C. Boqueixón / Claudina Estévez

Claudina Estévez

BOQUEIXÓN. Unhas 180 persoas déronse cita no pavillón municipal do Forte de Boqueixón para participar nunha Zumba Class Solidaria, unha iniciativa organizada polas persoas usuarias desta actividade de zumba nas Escolas Deportivas do Concello en colaboración con monitores desta disciplina de fitness procedentes doutros centros da contorna. Un éxito de participación que fai que os organizadores xa estean pensando en novas sesións. O alcalde agradeceu o traballo da organización e a colaboración da veciñanza. C.E.

Tracking Pixel Contents