Nadal
A ludoteca do Nadal atópase en Vedra
A programación está pensada para sacar os sorrisos das familias

Concurso de postais no concello de Vedra / ECG
O Nadal continúa en Vedra cunha programación pensada para sacar os sorrisos das familias. Un dos eixos centrais destas datas é o Ludonadal 2025, que se desenvolve do 22 de decembro ao 7 de xaneiro. Durante este período non lectivo, a ludoteca municipal abre en horario de mañá, converténdose nun espazo de encontro e conciliación para as familias, agás nos días festivos, nos que permanecerá pechada.
A programación retómase o domingo 28 de decembro coa celebración do Concerto de Nadal da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla, ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Santa Cruz. Un evento xa tradicional nestas datas que combina pezas clásicas do Nadal con composicións actuais e populares. A actuación estará dirixida polo mestre Alejandro Cimadevila
Xa o luns 29, ás 17.00 horas, será a presentación do libro infantil Sansón o último salmón no Centro Sociocultural de Vedra. O acto contará coa presenza do autor, Ramón Blanco Calvo, veciño de San Xián de Sales, e da ilustradora Teresa Tato Cabaleiro, de San Miguel de Sarandón. Esta actividade enmárcase no Programa de Voluntariado Interxeracional do Concello e incluirá o agasallo dun exemplar do libro a cada neno e nena asistente.
Ao día seguinte, o martes 30 de decembro, a música volverá ser protagonista cun espectáculo melódico infantil, O Xabi Longueirón, máis música, que terá lugar ás 12.00 horas no Centro Sociocultural de Vedra, cun formato participativo pensado para o público máis novo. A función trata de achegarlle á rapazada os contos da tradición oral galega a través do ritmo.

ESPECIAL NADAL 2025
ESPECIAL NADAL 2025Chegada dos Reis Magos
A programación pecharase o luns 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos a Vedra, que recibirán a cativada no Centro Sociocultural entre as 17.00 e as 19.00 horas. A recepción real contará con animación musical a cargo de Peque Disco Moc Moc, chocolatada e diversas sorpresas para a cativada, nunha tarde pensada para manter viva a ilusión horas antes da noite máis máxica do ano.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Un vehículo volcado y ardiendo deja tres heridos y obliga a cortar la AP-9 en dirección Santiago
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses
- La macrofiesta más esperada del carnaval gallego está en área y ya tiene fechas: 'Un viaje musical apoteósico