FITUR 2026
Padrón aposta en Madrid polo turismo gastronómico
Ligado en gran medida coa tradición xacobea, Padrón é un dos concellos con máis historia de Galicia

Arca, Merelles e Campos / CEDIDA
Padrón é un destino turístico atractivo non só para peregrinos, senón tamén para os viaxeiros que buscan coñecer a rica cultura desta vila que foi fogar de importantes figuras literarias, como Rosalía de Castro e Camiló José Cela, ademais de presumir de múltiples lugares de interese.
Pola celebración de Fitur acudiron ao evento o alcalde padronés, Anxo Arca, acompañado da concelleira de Turismo, Chus Campos, para promocionar este histórico municipio como destino. Entre varios aspectos, presentaron xunto co director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, a 12ª edición das Xornadas da Lamprea, que se celebrarán o 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de marzo e nas que darán a coñecer a natureza deste exquisito produto local, así como das súas pesqueiras nas marxes do río Ulla.
Tamén presentaron a Ruta da Croqueta, un evento que terá lugar o 6 e 7 de febreiro e no que participarán 16 establecementos de hostalaría elaborando distintas receitas. Esta é unha proposta gastronómica pioneira en Galicia que leva o selo padronés.

ESPECIAL FITUR 2026
ESPECIAL FITUR 2026Por outra banda, puxeron en valor a beleza especial do territorio por alzarse como gañador do certame Pueblos Mágicos de España 2026. Ademais, enxalzaron as renovacións das certificacións Q de calidade turística e S de sostibilidade turística.
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago
- La borrasca Marta llega a Galicia para golpearla con más nieve, viento y un mar embravecido
- Voto de confianza al alcalde de Negreira para arreglar los ruinosos molinos de A Ponte Maceira
- Ganadera en Melide e 'influencer' del rural: «A mi padre le decían: 'Qué pena que no sea un chaval para poder conducir el tractor'»
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La pensión alcanza, pero no sobra: «Un matrimonio de 70 años en Galicia no puede vivir con 900 euros al mes»