Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FITUR 2026

Rois, terra de camiños con historia e sabores propios

Rois é un destino ideal para quen busca natureza, actividade ao aire libre e patrimonio nunha contorna tranquila do interior de Galicia

Treito da Ruta do Castro Lupario

Treito da Ruta do Castro Lupario / CEDIDA

Santiago

O seu territorio, verde e ben conservado, convídanos a descubrir a paisaxe a paso lento, pero tamén a gozala activamente a través do sendeirismo, o ciclismo ou o deporte.

O municipio está atravesado por dúas rutas oficiais do Camiño de Santiago, o Camiño Portugués e o Camiño pola Ría de Muros-Noia, que lle permiten ao visitante coñecer espazos de gran valor histórico e arqueolóxico como o Castro Lupario, ligado á lenda xacobea da raíña Lupa,ou a aldea tradicional de Angueira.

Esta conexión entre natureza e cultura reflíctese tamén na rede de rutas sinalizadas do concello. A Ruta Rosalía nos Camiños, compartida con Padrón e Dodro, percorre quince quilómetros á beira dos ríos Sar e Rois e conduce a lugares vencellados á vida da escritora galega máis universal, como son Os Fondóns ou a praia fluvial de Seira. Completan a oferta de sendeirismo a Ruta das Penicias e a Ruta do Castro Lupario, salpicadas por pazos, por fontes, por hórreos ou por áreas recreativas perfectamente integradas na paisaxe.

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

Rois destaca así mesmo pola súa aposta polo deporte ao aire libre. Ademais de acoller as instalacións do club de golf Val de Rois, no seu territorio desenvólvense distintas probas e eventos deportivos de referencia. Entre eles, unha proba do campionato galego de mushing e un trail de montaña que neste 2026 abriu o Galicia Trail Running Series.

Tracking Pixel Contents