Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entroido 2026

Máis premios ca nunca no Gran Desfile de Negreira

Negreira comeza a contar os días para deixarse levar pola fantasía, a creatividade e a troula do Entroido

Un desfile anterior celebrado na vila dentro do Entroido de Negreira. | MARCOS MANTEIGA

Un desfile anterior celebrado na vila dentro do Entroido de Negreira. | MARCOS MANTEIGA

Negreira

O Entroido é unha das celebracións máis agardadas do ano e que converterá a vila nun gran escenario de música, cor e disfraces a mediados de febreiro. As Festas de Entroido 2026 do Concello de Negreira regresan cun programa intenso e pensado para todos os públicos, no que non faltarán grandes actuacións musicais, desfile, premios e propostas para a cativada.

A programación arrancará o venres 13 cunha noite que promete ser un dos primeiros grandes momentos do Entroido. A partir das 22.30 horas, a praza do Concello acollerá a actuación da recoñecida orquestra Olympus, que abrirá as festas por segundo ano consecutivo, acompañada dunha sesión de DJ para prolongar a festa ata ben entrada a madrugada.

Tras a noite inaugural, o sábado 14 de febreiro chegará o día grande do Entroido en Negreira, coa celebración do tradicional Desfile e Concurso de Carrozas e Comparsas. A concentración das agrupacións terá lugar desde as 16.00 horas no Campo da Feira, mentres que o inicio do desfile está previsto para as 17.00 horas. O percorrido discorrerá pola carreira de San Mauro, rúa da Cachurra, avenida das Brañas, rúa Rosalía de Castro, rúa Castelao e rematará na rúa do Carme, diante da Casa do Concello.

Abrirá o desfile a agrupación musical Le Tira del Aire e, unha vez rematado o percorrido, a festa continuará na praza do Concello coa actuación da orquestra Suavecito e dun DJ. Será neste mesmo emprazamento onde, arredor das 20.00 horas, se procederá á entrega de premios, cun reparto que superará os 5.000 euros, recoñecendo o esforzo, a orixinalidade e a posta en escena das carrozas e comparsas participantes.

Unha das principais novidades é o incremento das contías dos premios a grupos locais, que pasarán a ser de 300, 200 e 100 euros, respectivamente, para os tres primeiros. Por outra banda, as catro carrozas e comparsas máis creativas levarán 1.000, 500, 250 e 100 euros. Asemade, os grupos optan a 200, 150 e 100 euros.

Especial Entroido 2026

Especial Entroido 2026

Especial Entroido 2026

A programación completarase o luns 16 de febreiro cunha xornada especialmente pensada para os máis pequenos. A partir das 17.30 horas, o pavillón do colexio do Coto acollerá a Festa Infantil de Disfraces, cunha ampla oferta de actividades. Haberá animación musical a cargo do DJ Animus, xogos inchables, obradoiros de maquillaxe e un sorteo de agasallos entre toda a rapazada que acuda caracterizada, poñendo así o broche final a varios días nos que Negreira se converterá no reino da imaxinación e do Entroido.

Tracking Pixel Contents