Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entroido 2026

Val do Dubra mestura a maxia de circo e Entroido

Encherase de cor, purpurina, personaxes ficticios e máxicos para vivir un Entroido inesquecible e cargado de novidades.

Val do Dubra mestura a maxia de circo e Entroido

Val do Dubra mestura a maxia de circo e Entroido / CEDIDA

Val do Dubra

A festa comezará este venres co tradicional desfile de escolares, no que participarán os estudantes do CPI de Bembibre e do CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera de Portomouro. Un percorrido de ilusión no que colocarán o meco feito pola Asociación Avante no balcón da Casa do Concello e rematará coa chega ao pavillón.

O día grande, o sábado, terá lugar o Desfile de Comparsas e Disfraces dende o Campo da Feira ata a Casa do Concello. Haberá tamén pasarrúas amenizado pola charanga Santa Compaña e concurso de disfraces, con premios individuais (de 50 a 150 euros), por parellas (de 80 a 200 euros) e a comparsas (de 300 a 900 euros).

Pola noite, os cativos bailarán coa charanga Santa Compaña. O encargado de animar a troula pola madrugada será DJ Ferre.

Circo para os pequenos

A última xornada do entroido, o martes 17, estará dedicada ao desfrute dos máis pequenos. A gran novidade será o espectáculo de música, humor, clown e circo Hoxe si! da compañía Sempre Arriba e con participación de Marta Iglesias. Esta é unha experiencia na que presenciarán piruetas increíbles ao ritmo da música, ao tempo que se fartan a rir cun humor desenfadado.

Especial Entroido 2026

Especial Entroido 2026

Especial Entroido 2026

A imaxinación non quedará aí, xa que o martes volverá haber desfile de disfraces. O momento máis esperado dos infantes chegará coa festa infantil animada por Animus. Por último, Val do Dubra despedirá un Entroido único e que nunca defrauda coa Queima do meco.

Tracking Pixel Contents