Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FESTA DA FILLOA DE LESTEDO 2026

Filloas de todos os sabores chegarán a Lestedo este domingo

Esta cita culinaria achega propostas variadas e innovadoras deste doce típico galego

Filloas de todos os sabores chegarán a Lestedo este domingo

Filloas de todos os sabores chegarán a Lestedo este domingo / CEDIDA

Boqueixón

En Boqueixón, na parroquia de Lestedo, celebrase unha Festa de Interese Turístico en Galicia que é de asistencia obrigatoria paa ao amantes da gastronomía e o Entroido: a Festa da Filloa. As máquinas xa despacharon centos de racións dende o día 13. Con todo, esperase que este sábado e Domingo de Piñata, xornada grande da celebración, atraia a persoas de toda Galicia para probar as infinitas receitas que os chefs prepararán con este típico doce galego como base principal.

Filloas de todos os sabores chegarán a Lestedo este domingo

Filloas de todos os sabores chegarán a Lestedo este domingo

Non estamos falando dunha celebración culinaria sen máis, pois o ano pasado chegaron a repartirse máis de 70.000 filloas entre os case 50.000 asistentes que gozaron das distintas actividades que se ofertaron no lugar, e que esta edición número 41 superará en número.

Aínda que a filloa sexa máis que recoñecida pola súa dozura habitual, en Lestedo traballan mestres culinarios que son capaces de sacarlle o máximo potencial a este prato de diferentes formas, tanto nas súas versións doces somo salgadas. No primeiro dos casos, poderíase optar por elaboracións máis tradicionais, como unha filloa de Lestedo rechea de chourizo, de touciño ou de roxóns, mentres que, no segundo, preséntanse exquisiteces preparadas con mel, azucre, diferentes tipos de chocolate ou nata.

Versatilidade

A Festa da Filloa de Lestedo chama a atención pola súa versatilidade, polo que non sorprende que a boca se faga auga ao coñecer algunhas das innovadoras propostas que deron a probar en edicións anteriores: filloa rechea de pulled pork, ajipanca, cebola morada e batata krispy; filloa rechea de queixo squacquerone, salmón, caviar e leituga; filloa con carpaccio de cabeza de porco afumada, encurtidos de pemento picante, caviar de aceite de oliva, escamas de pimentón e brotes de Maruxa; ou filloa rechea de mel, marmelada de ameixa e xelea de fresa. As posibilidades son case infinitas.

De feito, os celíacos tamén poder desfrutar ao máximo en Lestedo, xa que dende a XL edición da festa impartese un taller de elaboración de estes postres sen glute. Así, este ano desenvolveuse o showcooking Lestedo sen gluten, co chef Kike Piñeiro do restaurante A Horta do Obradoiro. Nesta actividade, os participantes aprenderon a cociñar filloas con fariña de millo, de trigo sarraceno, de arroz, de garavanzo e de castaña.

Festa da Filloa de Lestedo 2026

Festa da Filloa de Lestedo 2026

Festa da Filloa de Lestedo 2026

Por outra banda, como o touciño é un dos ingredientes fundamentais que conforman o característico sabor da típica filloa de Lestedo, nesta edición haberá un evento especial para celebrar a irmandade coa Feira do Cocido de Lalín: o Cocido da Filloa. Este celebrarase o domingo desde as 14.30 horas no pavillón da aldea. É preciso ter reserva previa para asistir. n

Tracking Pixel Contents