Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Dodro saca máis brillo ao Paseo das Estrelas no 8M

O salón de actos do Concello ateigado de veciñas e veciñas na lectura do manifesto. | CEDIDA

O salón de actos do Concello ateigado de veciñas e veciñas na lectura do manifesto. | CEDIDA

Dodro

O Concello de Dodro non foi alleo ás celebracións do Día Internacional da Muller, polo que desde o Departamento de Servizos Sociais do municipio e o Centro de Información á Muller Dodro-Padrón preparouse unha programación centrada na educación e na visibilización da loita pola igualdade.

A primeira das actividades, que tivo lugar este luns, consistiu na campaña Agresión Off, Eu digo non á violencia sexual, que estivo dirixida ao estudantado de Primaria do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Dita iniciativa basease na estimulación cognitiva para sementar a tolerancia cara ao futuro, tratando de sensibilizar, previr e fomentar relacións baseadas no respecto e na igualdade desde idades temperás.

Especial 8M 2026

Especial 8M 2026

Especial 8M 2026

A programación seguiu seu curso o pasado venres coa lectura do manifesto do 8M no salón de actos da praza do Concello. A continuación, chegou un dos momentos máis agardados e emotivos do programa, a ampliación do Paseo das Estrelas de Dodro. Este non é un espazo calquera no interior de Dodro, é un lugar de reivindicación e apoio feminista que foi inaugurado hai un ano co afán de facer latente a importancia das mulleres na sociedade. Naquel acto de 2025, Dodro recoñeceu o esforzo constante de vinte veciñas que reflicten o papel fundamental que representan as mulleres no benestar da vila. «O Paseo das Estrelas nace para visibilizar a importancia das mulleres na sociedade, de todas as mulleres, sexa cal sexa a súa condición, relixión, idade, formación, profesión... Todas sodes importantes e necesarias», subliñou a edila María Teresa Batalla naquel encontro pasado. Nesta ocasión, rendeuse homenaxe a catro entidades cuxo labor coas nenas e mulleres do Concello é clave: AMIPA, Andaina Prosaúde Mental, CIM Terras de Iria e Clube Deportivo Dodro. n

Tracking Pixel Contents