Padrón recoñece o papel clave de oito veciñas

As oito padronesas premiadas como Rumorosas. | CEDIDA
O Concello de Padrón vivirá con emoción o Día Internacinal da Muller preparando unha xornada de domingo centrada en recoñecer o impacto social, económico e cultural dun grupo de veciñas que simbolizan o esforzo silencioso e constante que sostén o benestar da vila e de moitas familias padronesas.
Os actos do 8 de marzo comezarán a partir das 18.30 horas, no auditorio municipal, coa lectura do manifesto institucional. A continuación, o público poderá gozar da actuación musical de Sheila Patricia, que achegará un toque artístico a unha tarde concibida para compartir e recoñecer.
Deseguido terá lugar un dos momentos máis especiais do programa: a entrega dos Premios Rumorosas. Estes galardóns recoñecerán a traxectoria de oito padronesas que, co seu esforzo diario e excelencia profesional e humana, se converteron en pezas clave do motor económico e social da localidade. A iniciativa enxalza perfís diversos que abarcan desde o comercio centenario e o compromiso social, ata a vangarda da investigación científica e o deporte. As homenaxeadas serán: Lola Paz, Amparo Costa, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa Blanco, Verónica Blanco e Eneida León.

Especial 8M 2026
Especial 8M 2026Por outra banda, a vindeira actividade no marco do 8M celebrarase o venres 13 de marzo e estará centrada na exploración do patrimonio natural galego e a creación de comunidade. Consiste nunha excursión á Ribeira Sacra e prevese como un plan de convivencia pensada para compartir experiencias e fortalecer os vínculos entre mulleres. n
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle