Día Internacional da Muller
Touro, Boqueixón e Vedra unen esforzos
O 8 de marzo unirá á veciñanza de Touro, Vedra e Boqueixón nun escenario de pasos firmes e voces compartidas.

Touro, Boqueixón e Vedra unen esforzos
Os tres Concellos impulsan a andaina No Camiño da Igualdade polo Día Internacional da Muller, unha proposta colaborativa que mestura deporte e reivindicación para transformar a xornada nun punto de encontro arredor da igualdade real entre mulleres e homes.
A iniciativa consistirá nunha ruta circular e gratuíta de 15 quilómetros, de dificultade media, que este ano partirá e finalizará en Touro, concretamente na Casa do Concello. A saída está prevista entre as 9.30 e as 10.00 horas, nunha xornada que combinará deporte, convivencia e sensibilización social.
Desde o Concello destacan que esta andaina busca promover hábitos de vida saudables ao tempo que se reforza o compromiso colectivo coa igualdade real entre mulleres e homes. A camiñada percorrerá distintas paraxes do municipio, poñendo en valor a contorna natural de Touro nunha data tan sinalada como o 8M.
A actividade concluirá ás 14:00 horas co espectáculo Teatro pola Igualdade, un acto de clausura que servirá como broche final da xornada e que reforzará a mensaxe de concienciación a través da cultura.
No marco da programación vedresa polo 8M, hoxe impúlsase un emotivo acto de recoñecemento: Vedra é Muller. Un evento que acollerá o centro sociocultural do municipio ás 12.00 horas. Nesta edición, o recoñecemento estará dedicado a Lidia Maceira Brea, primeira funcionaria da Administración local do Concello de Vedra, destacando así o seu papel pioneiro e a súa contribución ao servizo público no municipio.

Especial 8M 2026
Especial 8M 2026A continuación, o sábado 14 de marzo, o ximnasio Forte acollerá un curso de defensa persoal feminina. Esta é unha actividade organizada polo CIM de Boqueixón e impartida pola Escola Judo Club na que as veciñas de Boqueixón teñen preferencia en canto a ocupación das prazas.
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche