Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Val do Dubra camiña e ‘crea igualdade’ polo 8M

O Concello de Val do Dubra centrará os seus actos de apoio polo Día Internacional da Muller en tres actividades principais cargadas de significado, espírito de xuntanza e emoción

Dous veciños completando unha ruta

Dous veciños completando unha ruta / CEDIDA

Val do Dubra

O día grande, domingo 8 de marzo, comezara co momento estrela da programación, a lectura do manifesto institucional do 8M. Para este evento estarán convidadas todos os veciños do Concello de Val do Dubra, tanto mulleres como homes, co ánimo de xuntar un numeroso grupo para completar a andaina solidaria do 8M. Esta iniciativa consiste nun percorrido duns 6 quilómetros pola coñecida Ruta das Carballeiras, aínda que cun toque especial axeitado á causa. No traxecto farase unha parada estratéxica para gozar da exposición de fotos Mulleres de Val do Dubra. Unha homenaxe audiovisual a oito veciñas naturais do Val do Dubra que representan profesións e sectores diferentes, pero que a pesar das súas diferencias, equilibran o benestar do municipio: a primeira muller dubresa na corporación, cociñeiras, mulleres rurais dubresas, panadeiras, carteiras, científicas, deportistas e gandeiras.

Este é un recordo daquelas dubresas cuxa forza sostén o rural, sector que historicamente formou a columna vertebral da economía agraria e a cohesión social das aldeas. Un labor silencioso pero capital que moitas mulleres compaxinan coa persecución das súas metas e o coidado da familia, e que merece se recoñecido. Un traballo histórico que mantén con vida a tradición e a sostibilidade da Galicia profunda.

Especial 8M 2026

Especial 8M 2026

Especial 8M 2026

Taller infantil

Xa o luns, 9 de marzo, impartirase ás 18.00 horas na biblioteca municipal o obradoiro Creando Igualdade, moderado por Marisa Irimia e dirixido á rapazada de cinco ou máis anos. Esta é unha cita na que se explorará dun xeito lúdico, a través da creatividade, o xogo e a utilización de recursos plásticos, un territorio de reivindicación da figura da muller. Para facelo da forma máis axeitada posible, contarase coa participación de mulleres de diferentes profesións e ámbitos cunha traxectoria que simboliza o poder que albergan para loitar por unha sociedade cada vez máis igualitaria. Neste encontro, as adultas compartirán coñecementos coas nenas e nenos e prestaranse a xogar con todos eles, garantindo unha xornada de diversión.

Tracking Pixel Contents