Pascua de Padrón
«Queremos manter as tradicións cunha visión actual e un toque cultural galego»
Padrón celebrará ata o domingo 12 de abril a máis agardada e multitudinaria das súas festas

A concelleira de Turismo, Chus Campos, co alcalde de Padrón, Anxo Arca, suxeitando o cartel da Pascua. | CEDIDA
Padrón deu comezo hai unha semana á Pascua, a cita por excelencia do seu calendario festeiro e que congrega visitantes de todos os recunchos da comunidade. «Son unhas festas moi agardadas pola veciñanza de Padrón e que aglutinan á poboación de toda a comarca do Sar e de Santiago, pero tamén de Galicia», destaca a edil de Turismo, Chus Campos.

ESPECIAL PASCUA PADRÓN 2026
ESPECIAL PASCUA PADRÓN 2026Ata o Domingo de Pascuilla, a vila rosaliana será un fervedoiro de xente na procura de diversión, música e propostas ao aire libre: «A Pascua gusta porque reúne múltiples eventos de distinta índole, desde a Semana Santa relixiosa, que ten moita importancia para a veciñanza, ata dez eventos deportivos, actuacións musicais folclóricas e orientadas ao ocio nocturno, a feira cabalar ou a exposición de maquinaria, entre moitas outras. A variedade das actividades é parte da bonita esencia da Pascua».
Para Campos, a clave que conseguiu manter o gran éxito que colleitan cada ano as celebracións radica na filosofía implementada desde o 2024, un ano despois da entrada do actual Goberno no Concello: «Procuramos manter as tradicións que son importantes, conservalas cunha visión máis actual, sempre aportando ese toque cultural galego e un posicionamento visible da muller dentro das festas. Ademais, queremos asegurar que o ambiente se estenda por toda a zona histórica, con catro localizacións para as actuacións».
A concelleira pon o foco na importancia de escoitar os veciños. «Temos en conta todas as peticións que nos fan ao longo do ano. A partir de aí tratamos de poñer en marcha o que máis se demanda na medida do posible. Así, conseguimos ter unhas festas realmente bonitas e variadas». Campos recoñece tamén o mérito do tecido empresarial e dos colectivo s locais que constrúen a Pascua padronesa e apórtanlle un dinamismo único á vila: «O seu traballo é fundamental. Sen ir máis lonxe, as polbeiras xogan un papel clave no aspecto gastronómico das festas». n
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias