Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FEIRAS DE ABRIL DO VAL DO DUBRA 2026

«Estas celebracións simbolizan o orgullo que é ser dubrés»

O alcalde, Diego Luís Díaz, convida a veciños e visitantes a gozar da programación festiva

«Estas celebracións simbolizan o orgullo que é ser dubrés»

«Estas celebracións simbolizan o orgullo que é ser dubrés» / CEDIDA

Val do Dubra

Val do Dubra convértese do sábado 4 ao luns 6 de abril nun fervedoiro de xente desexosa de gozar dunha das súas citas festeiras por excelencia: as Feiras do Abril. «Estas celebracións simbolizan verdadeiramente o orgullo que supón ser dubrés», explica o alcalde, Diego Luís Díaz.

ESPECIAL FEIRAS DE ABRIL DE VAL DO DUBRA 2026

ESPECIAL FEIRAS DE ABRIL DE VAL DO DUBRA 2026

ESPECIAL FEIRAS DE ABRIL DE VAL DO DUBRA 2026

Cun bo feixe de actividades orientadas a rememorar os oficios tradicionais que exercían os nosos antepasados na Galicia rural, esta feira transformará o espazo público de San Lourenzo de Bembibre nunha vila transportada no tempo. «Estas eran unhas feiras tradicionais nas que a xente mercaba gando e alimentos procedentes do campo. Pénsase que datan do século pasado, pero non se ten a certeza absoluta. Mesmo poden ter a súa orixe nunha época anterior», sinala o rexedor sobre a historia da celebración.

O certo é que Val do Dubra segue coa tradición de celebrar unha feira tradicional o primeiro luns de cada mes. E dentro dese costume, as de abril son as máis agardadas no calendario: «Son moi bonitas porque todas as xeracións de Concello puideron vivilas ao seu xeito. Son días de poñer en valor esa forma de vivir rural que tanto marcou Galicia. Por iso desde o Concello sempre tratamos de poñer o noso maior esforzo para adaptala aos tempos actuais e que siga tendo éxito».

Ao longo das tres xornadas das Feiras desenvolveranse propostas como un mercado de artesanía, unha exhibición de maquinaria agrícola, xogos tradicionais, charlas sobre diferentes oficios do campo ou obradoiros creativos. Unha completa programación na que destaca particularmente un sector. «Enfocámonos bastante na artesanía local porque vemos que gusta moito. De feito colaboramos con Artesanía de Galicia e coa Deputación de Coruña para promocionar estes produtos», apunta Díaz.

Así, un dos emblemas da festa é o mercado de artesanía, espazo que contará con máis de 40 expositores e que dinamiza as celebracións grazas ao traballo dos creadores locais de toda a vida. «Os festexos abarcan diversos sectores, así que a implicación dos veciños é fundamental. Para nós, é un orgullo colaborar cos músicos, gandeiros e artesáns que levan con orgullo o nome de Val do Dubra por onde van e axudan á divulgar a importancia dos seus oficios», declara.

Tras a chegada do actualGoberno municipal, hai tres anos, optouse por cambiar a ubicación das Feiras, que pasou a estar ao carón da Casa do Concello, en pleno centro da localidade. «Decidimos achegala máis á vila para que os hostaleiros e comerciantes locais puidesen ter a feira a un paso e aproveitar este grande investimento que fai o Concello. Ademais, pensamos que é máis interesante para a cidadanía de a pé», di o rexedor sobre a decisión.

En plena Semana Santa, as Feiras do Abril preséntanse como unha ocasión única para visitar Val do Dubra. «É unha cita recoñecida na comarca e a veciñanza non falla. Convido a todos a que veñan visitar o noso Concello e que volvan», conclúe o alcalde.

Tracking Pixel Contents