FERIAS DO ABRIL 2026 EN VAL DO DUBRA
Tres días de festa que deixan un sabor de boca moi galego
As celebracións, que arrancan este sábado, finalizan o luns coa Festa da Empanada

Tres días de festa que deixan un sabor de boca moi galego
Todo está listo en Val do Dubra para acoller a que é unha das celebracións máis agardadas pola veciñanza, unha festa emblemática que marca o inicio da primavera. As Feiras do Abril volven un ano máis á súa cita con veciños e visitantes, entre o sábado 4 e o luns 6 de abril.

ESPECIAL DAS FEIRAS DE ABRIL EN VAL DO DUBRA 2026
ESPECIAL DAS FEIRAS DE ABRIL EN VAL DO DUBRA 2026Nos seus comezos, a celebración arrancaba o luns da primera semana de abril e continuaba o martes e o mércores. Posteriormente, decidiuse trasladar os actos ao sábado, domingo e luns que abren abril. Pero se algo non cambiou foi a elección deste último día, o luns, para albergar a gran festa gastronómica do concello; a Festa da Empanada.
«É o día que máis xente se xunta na vila, xa que tamén celebramos a feira tradicional de cada mes, pero o principal atractivo é a empanada», explica Antonio Negreira, tenente de alcalde dubrés.
O municipio exalta esta típica receita galega porque dende hai décadas acolle mestres panadeiros comprometidos coa tradición local. «Val do Dubra é territorio de panadarías, que fan un traballo exquisito e conseguen que este sexa un produto valorado. Moita xente achégase o luns só para degustar as empanadas», declara Negreira.
A carpa estará operativa desde cedo ata arredor das 20.00 horas, e será alí onde as panadarías locais Bembibre e Sarote dean de comer ao público. «Cada ración contará cunha porción elaborada por cada unha destas casas», confirma o tenente de alcalde. E haberá recheos para todos os gustos: bacallau, zorza, atún, carne, bacallau con uvas pasas, etcétera.
O ano pasado tamén se adoitou este formato de doble porción por comensal, chegando a vender ata setecentos pratos deste manxar tan prezado. Pero Bembibre non só arrecenderá a empanada, xa que tamén haberá racións de polbo da man de Pulpería Guerra para satisfacer os padais dos visitantes.
Ademais, a aposta gastronómica das Feiras do Abril tamén será visible a través das degustacións de vaca cachena, pan do Val do Dubra e petiscos de produtos locais que están previstas para este sábado. Xa o luns, as Feiras do Abril pecharán por todo o alto cunha animada verbena a cargo do dúo Matices. n
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco