Padrón. Festas do Santiaguiño do Monte 2026
Música, festa e tradición: Padrón vive o Santiaguiño
Hai nove xornadas de celebración e actividades para a cativada dende hoxe venres ata o domingo 25, rematando coa tradicional romaría

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, xunto á concelleira de Cultura e Festexos, Chus Campos, co cartel das festas deste ano / CEDIDA
Iker Cotón
Padrón celebra estes días as súas festas máis agardadas: o Santiaguiño do Monte. Como xa é habitual na vila do Sar, as celebracións gañan días no calendario, estendéndose desde hoxe venres ata o domingo 25 de xullo. Artistas que representan o dinamismo da música galega contemporánea como Mondra, XMaseda e Kid Mount actuarán na vila padronesa, quentando os motores antes da tradicional romaría do Santiaguiño do Monte, que terá lugar o 25 de xullo, Día de Galicia.

Padrón. Festas do Santiaguiño do Monte 2026
Padrón. Festas do Santiaguiño do Monte 2026A programación estenderase ao longo de oito días con propostas pensadas para públicos de todas as idades. Concertos, espectáculos, actividades infantís e citas gastronómicas conforman un cartel que busca manter vivo o ambiente festivo na vila durante toda a semana, combinando novas iniciativas con actos que xa forman parte da identidade do Santiaguiño.
Chus Campos, concelleira de Festexos de Padrón, recalca a importancia desta mestura entre o tradicional e o contemporáneo: «Queríamos seguir mantendo o punto tradicional da propia festa, pero engadindo algúns matices máis modernos como o festival Ultreia que vai contar con tres xornadas». A concelleira fai fincapé na aposta de Padrón polos artistas emerxentes que fan música en galego para esta celebración, que coincide co Día de Galicia: «Nas festas do Santiaguiño é o momento no que máis apostamos por este tipo de artistas. Como cabeza de cartel está Mondra, que xa é, digamos, o artista máis importante ou o máis chamativo agora mesmo a nivel galego». A presenza de músicos da escena artística galega actual responde á vontade do Concello de dar visibilidade a proxectos que empregan o galego como lingua de creación.
Malia esta aposta do Concello pola música contemporánea, a tradición segue a ser a verdadeira protagonista e o día grande das celebracións será o 25 de xullo. As sardiñas e os bolos preñados non poden faltar: «Como vén sendo habitual, o Concello vai a agasallar a toda xente que que se queira quedar alí cunha gran sardiñada, acompañada de cachelos, pan de millo e bolos preñados. Ademais, os asistentes recibirán un sombreiro de palla moi apropiado para a festa».
A música tradicional será a protagonista da romaría, grazas aos «seis grupos folclóricos tocando polo monte durante toda a tarde». Ademais, celebrarase «unha festa infantil tamén no monte con inchables e cun DJ e con polvos Holi, unha celebración que xa se está instaurando».
Durante máis dunha semana, a música e as actividades para todos os públicos converterán a vila nun punto de encontro para veciños e visitantes, culminando o 25 de xullo cunha romería que, ano tras ano, mantén vivo o espírito do Santiaguiño do Monte. n
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- Varios detenidos en una operación contra el narcotráfico en Muxía
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas