DÍA DE GALICIA 2026
Os mellores plans festeiros na Galicia interior tras o Apóstolo
A Festa do Pemento de Herbón, o Escalo de Couso, o Emigrante en Val do Dubra ou o Carme de Arzúa son algunhas das próximas citas

A Festa do Pemento de Herbón, declarada de Interese Turístico. | CEDIDA
Redacción
Non é necesario percorrer moitos quilómetros para gozar do verán galego. A menos de media hora da cidade, numerosos concellos celebran festas gastronómicas, romarías, festivais e citas culturais que converten o verán nun momento ideal para descubrir o territorio sen afastarse demasiado.

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026
SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026Tras o Apóstolo, no calendario festivo da Galicia interior abondan as citas festivas, como as festas de Berres, na Estrada, onde hoxe actúa A Banda da Balbina, e o luns as orquestras Gran Parada e Cinema.
Xa o xoves 30 de xullo terán lugar as celebracións de San Cristovo e Virxe do Carme de Dombodán en Arzúa, coas sesións vermú de Tania Veiras, CumbiaPop e La Bamba. A verbena de xoves e venres estará amenizada pola orquestra Cinema e Nuevo Tango.

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026
SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026Outra das primeiras citas preto da capital terá lugar o 1 de agosto no Concello de Padrón. Trátase da Festa do Pemento de Herbón, na que música e gastronomía danse a man arredor do prato estrela padronés, do que «uns pican e outros non», na carballeira do convento franciscano de Herbón. A exaltación do pemento, un evento con máis de trinta anos de historia, terá lugar ás 13.30 horas, previa á entrega de premios. Ao compoñente gastronómico da festa súmase un mercado de produtos locais, pasarrúas e actuacións de grupos folclóricos, ademais de La Banda de Ayer e da Disco Móbil CDC, que pechará a festa.
O mesmo día, pero na parroquia estradense de Couso, celébrase a Festa do Escalo. Unha degustación gratuíta de porco á brasa abrirá o apetito dos asistentes, antes da verbena a cargo de Laura Añón, Ángel Sevilla e JJ Compota. O domingo 2 é o día grande do Escalo, centrado no tradicional certame de pesca desde a mañá. Na sesión vermú actuará a Charanga os Encerellados e, no apartado gastronómico, haberá unha degustación gratuíta de escalos e pementos.
Homenaxe aos emigrantes
O Val do Dubra celebra as Festas do Emigrante do 6 ao 9 de agosto, comezando coa Festa da Cervexa e rematando coas actuacións de EME Music, Ortiga e orquestra Metrópolis o sábado. As Festas do Emigrante son unha das celebracións máis singulares do municipio, xa que nacen co obxectivo de homenaxear a todas aquelas persoas que tiveron que marchar da súa terra e regresan durante o verán para reencontrarse coa familia e cos amigos. A música e a convivencia converteranse durante catro días nos grandes protagonistas dunha celebración consolidada no calendario festivo da comarca.
O Concello de Arzúa volverá vestir de gala a partir do xoves 16 de agosto para a celebración das Festas do Carme de Arzúa, ás que a Banda de Música de Arzúa lle dará o pistoletazo de saída ás 14.00 horas. Desde entón e ata p domingo 19, sucederanse unha serie de concertos e actuacións na honra da patroa, coa participación de DJ Pájara Boba, Orquestra Galilea, DJ Casanova, DJ Toni Salvaje e Uxía Lambona e a Banda Molona. A celebración coincide ademais cun dos momentos de maior afluencia de peregrinos no Camiño Francés, o que contribúe a crear un ambiente especialmente animado nas rúas da localidade.
O Concello de Oroso, pola súa banda, conta con varias xornadas de festa repartidas por todo o mes de agosto. Os dous primeiros días do mes celébranse as festas de San Mamede e do Santísimo Sacramento dos Ánxeles, co Grupo Master, o Dúo Novo Siglo e o Dúo Charada poñendo a nota musical.
A cativada tamén pode gozar dos plans estivais. O 26 de xullo celebrarase no Concello de Touro a Festa de Inchables Acuáticos, que comezará ás 17.00 horas na Área Recreativa de Sanabria.
Gastronomía, música e tradición conforman unha oferta que demostra que o verán galego vívese de xeito intenso nos concellos da contorna de Santiago.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical