Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Bertamiráns colle a remuda do Milladoiro nas festas de Ames

Arrancan cinco días de celebracións coa París de Noia, De Ninghures e un cartel que combina verbena, tradición e novas propostas musicais

Actuación da Paris de Noia nos festexos da Peregrina de 2024. | CONCELLO

Actuación da Paris de Noia nos festexos da Peregrina de 2024. | CONCELLO

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Pablo Vázquez

Bertamiráns

Ames continúa co programa «Ames en Festas 2026», que reúne as celebracións dos dous principais núcleos do municipio. Tras as Festas da Madalena do Milladoiro, celebradas do 31 de xullo ao 4 de agosto, é a esperada quenda das Festas da Peregrina de Bertamiráns, que se desenvolverán dende hoxe e ata o 9 de agosto. Deste xeito, o Concello ofrece dez días consecutivos de programación festiva con actividades e propostas para todos os públicos.

Festas da Peregrina 2026

Festas da Peregrina 2026

Festas da Peregrina 2026

Bertamiráns abre as súas festas este mércores coas actuacións da charanga TNT, a orquestra América de Vigo e Airiños do Paseo do Colón. Nesta primeira xornada destaca tamén a actuación de Galicia 76, formación nacida na parroquia de Bugallido que este ano celebra o seu 50 aniversario.

Na xornada de mañá xoves 6 de agosto chegará un dos pratos fortes da programación coa actuación da orquestra París de Noia. A xornada completarase coa charanga Compostela, a disco móbil CDC e unha nova edición do Festival Emerxente, que terá lugar no parque do Ameneiral. A iniciativa busca darlle visibilidade ao talento musical novo do municipio e de Galicia, ofrecendo un escenario a artistas emerxentes. Nesta edición participarán Lg1do, Alddara, Fran Saint Laurent, Metan e Dupliss.

A programación do venres 7 de agosto estará marcada pola música galega, coa actuación destacada de De Ninghures no parque do Ameneiral. O grupo combina o folk de raíz galega con influencias doutras tradicións musicais. Completarán a xornada a charanga Os Celtas, a orquestra Miramar e a disco móbil CDC.

O sábado 8 de agosto chegará unha nova edición da Romaría Urbana do Ameneiral, unha cita que combinará música e gastronomía. A actividade comezará cunha sesión vermú e continuará durante a tarde coas actuacións de Tabernarias, Moel, Berlai, Maneiro e a orquestra Neverloura. A romaría contará tamén con postos de comida, obradoiros e inchables para os máis pequenos, coa intención de converter o parque do Ameneiral nun espazo de encontro para toda a veciñanza.

A programación festiva dese día completarase coas actuacións de Airiños do Paseo do Colón, a orquestra Finisterre e a disco móbil CDC.

As Festas da Peregrina rematarán o domingo 9 de agosto cunha xornada na que terá lugar o pregón de clausura, a cargo da mestra filloeira Isolina Martínez, e a tradicional sesión vermú. O peche musical correrá a cargo da Requinta da Maía, a Banda de Música de Brión e a orquestra Suavecito. n

Tracking Pixel Contents