Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entra xa na última fase a ampliación de Urxencias no hospital do Barbanza

REFORMA. Imaxe da renovada área de Urxencias do hospital de Ribeira. Foto: X.

REFORMA. Imaxe da renovada área de Urxencias do hospital de Ribeira. Foto: X. / Suso Souto

Suso Souto

RIBEIRA. A reforma e ampliación do servizo de Urxencias do hospital comarcal do Barbanza, ubicado en Ribeira, avanzan a bo ritmo e onte entregouse a obra correspondente á fase 3. Este treito consistiu na execución de catro boxes que dan ao exterior da fachada oeste do complexo e un box de críticos; o control de enfermería, que incorpora un mostrador de aceiro inoxidable con catro postos de traballo e datos; a instalación dun tubo pneumático; dous baños; una zona de triaxe e unha consulta. A principios da semana que vén, estes novos espazos entrarán en funcionamento, ao tempo que comezará a fase 4, a última, na que se executarán a sala de observación, 4 boxes máis e a sala de traballo dos médicos. A actuación ten un orzamento de 1,4 millóns de euros e abarca unha superficie de 1.100 m2. A ampliación fíxose nun único andar. S. S.

Tracking Pixel Contents