Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames ten espazos teatrais onde había escaparates

Trátase dunha iniciativa do grupo Chévere

Trátase dunha iniciativa do grupo Chévere

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Ames. Os escaparates de varios comercios de Bertamiráns e do Milladoiro converteranse por unhas horas no escenario onde o grupo Chévere amosará varias das súas creacións teatrais. As actuacións desta compañía, que conta entre outros co Premio Nacional de Teatro, terán lugar na tarde de hoxe no Milladoiro, e durante a mañá e tarde de mañá sábado, en Bertamiráns. Cambio de tempada, Bailaríns pendurados, Tres Tenores, Pernas e Telesaúde son os títulos das cinco pezas breves que conformarán o repertorio da proposta. Co obxectivo de favorecer os grupos reducidos faranse dous, tres e ata catro pases de cada peza. “No contexto da crise provocada polo covid-19 faise máis necesario que nunca desenvolver accións de animación e promoción do comercio de proximidade, un dos sectores máis afectados. Con EscapÁrate! convertemos os escaparates, auténtico sinal de identidade do comercio, en escenarios para o teatro”, sinala Xesús Ron, director artístico de Chévere. A.P.

Tracking Pixel Contents