Teatro, música, cine e deporte nas fins de semana en Ames

Un momento do espectáculo de música infantil ‘Danzamos no verán’, no Milladoiro Foto: C.A.
Ben coñecedores e coñecedoras somos da necesidade de reactivación económica do noso planeta e máis concretamente do noso país e localidades tras o parón de tan grande envergadura que supuxo a aparición do covid-19. Alén, tamén somos conscientes da máis persoal necesidade de desenvolver a nosa faceta creativa fóra das nosas, máis que vistas, casas. En definitiva, o confinamento derivou en carencias e frustracións tanto no ámbito económico coma no de lecer de cada persoa.
O Concello de Ames apostou por dar solución a ambas problemáticas de maneira conxunta. Así, márcanse o obxectivo de levar ás rúas numerosas actividades culturais e comerciais contempladas dentro do Plan Reactiva Ames, para dar pulo a economía do municipio.
Deste xeito repártanse as propostas entre os numerosos puntos das rúas de ambos núcleos urbanos do concello, Milladoiro e Bertamiráns, para evitar así concentrar eventos en zonas concretas e poder cumprir cos requisitos de distanciamento social que esixen as autoridades santarias. AmesON quere ser unha axuda directa á dinamización das rúas e en favor dos comercios locais. Este desenvolvemento conseguirase a través das máis de 60 actividades programadas de música, teatro, cine, conciliación e deporte.
Dende o Concello trabállase xa na programación do último trimestre do ano, de cara a seguir potenciando a actividade comercial e cultural nel. Eventos como o Outlet, Innovames ou o Autocine, son algúns dos que se están pechando na actualidade. O Plan Reactiva Ames contempla tamén a campaña de comercio Témolo todo que busca resaltar a variedade e calidade dos produtos que se venden na vila a través do pequeno e mediano comercio deste.
O AmesON comezou xa o xoves 16 de xullo, con actividades que se desenvolverone que continúan a día de hoxe nas dúas localidades urbanas do concello.
En pasadas xornadasa veciñanza asistiu nas casas da cultura de ambos núcleos urbanos ao obradoiro ‘Crea a tua camiseta’, ou á visualización de intervencións teatrais do grupo Chévere en diferentes escaparates das localidades, convertidos en escenarios para dita actividade, denominada, vaia a rebundancia, ‘Escaparate Chévere’. Para a súa realización convidouse dende a Concellería de Promoción Económica a todos aqueles establecementos que desexaran participar na campaña, tendo que abrir os negocios a partir das 23.00 horas. Ademais desta, outras propostas como os Retranqueiros ou os coches a pedais para os máis novos, culminaban cun peche de man do programa ‘Música na noite’ con artistas como Zeus RB e Diego Barbazán, Diego Moreira e Néstor Peña, o grupo Caldo ou “conexión Habana”. Como explican os organizadores: programas e actividades “para o desfrute de todas as idades e das familias amesás”, sinalan.
O Día de Galicia tamén chegará ata as celebracións da programación de Ames, pero por adiantado: Cristian Leggiero e Patty Lesta pecharon onte o Día da nosa comunidade en Ames, que se celebrou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 20.30 horas. O mes de xullo pechará pois, cun obradoiro de Batukada e con actuacións de Os Tocayos e DJ Federato.
En agosto realizarase o obradoiro Crea a túa bolsanas casas da cultura de ambas localidades. O día 1 ademais, haberá unha ansiada sesión vermú, amenizada por 4Tabase. No resto de xornadas, actuarán A Roda, Odaiko, Son de 3, Pepo Suevos ou Federico Pérez, entre outros. Tamén haberá ciclo de cine con películas como Quen a ferro mata ou A Esmorga. O AmesON continuará en setembro con máis actividades de promoción cultural e económica.
- Hallan el cadáver de una mujer en la huerta de la vecina de la rúa das Hortas que desapareció el jueves
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Concello de Santiago ordena el cierre de las oficinas de la Unión de Artesanos
- La Xunta edificará las primeras viviendas públicas de Santiago con técnica industrial: 7 millones para 34 pisos en Santa Marta
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- Buscan figurantes en Santiago para una nueva película: estos son los curiosos requisitos
- Arzúa se une para pedir arreglos por las obras de la autovía a Lugo y Melide exige su apertura con garantías
- La guía 50 Top Pizza reconoce por primera vez a una pizzería gallega: está en Santiago