O Concello peta na porta do tecido comercial para elaborar unha guía de empresas
Unha persoa acreditada visitará dende o luns aos profesionais e autónomos para recoller os seus datos

Varios locaiss comerciales en la praza da Maía de Bertamiráns, Ames. Foto: CDA / M. Outeiro
M. Outeiro
A Maía. Unha persoa acreditada polo Concello de Ames comezará a visitar o vindeiro luns, 17 de xaneiro, ás empresas, profesionais e negocios do municipio co obxectivo de dispor de información actualizada de cada un deles para elaborar unha guía de empresas. Esta persoa irá identificada cunha credencial municipal e cunha carta explicando en que consiste a recollida de datos.
Se se está interesado en formar parte desta guía recolleranse os datos necesarios a incluír, así como unha enquisa anónima e voluntaria, que pulse as achegas a ter en conta na acción de goberno na implantación das actuacións de apoio ao desenvolvemento empresarial, comercial e económico do tecido empresarial amesán. Será unha guía de empresas dixital, que estará incluída nunha app do comercio amesán.
Dende a concellería de Promoción Económica e Comercio están traballando para elaborar esta publicación na que, na medida do posible, se recolla a información máis fidedigna e actualizada das entidades comerciais e empresariais que existen en Ames. Esta listaxe servirá tanto para que poida ser empregada pola veciñanza, para buscar posibles empresas que lles poidan interesar para que lles presten un servizo, como para que a propia administración local coñeza empresas que poidan participar en procesos de licitación de servizos locais.
O traballo de recompilación de datos realizarase durante un período de tres meses, aínda que se poderá seguir achegando datos.
A concelleira de Promoción Económica e Comercio, Ana Belén Paz, explica que “necesitamos dispor dunha listaxe actualizada dos comercios e empresas que temos en Ames. No noso concello dispoñemos de múltiples empresas de sectores moi diversos, que poden ser descoñecidas para parte da veciñanza”, aportaba ao respecto. M. Outeiro
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nuevo corte de tráfico en Santiago: una céntrica calle del Ensanche estará cerrada este sábado