O sector vitivinícola chama ao turismo e fixa xente no rural

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández, o conselleiro do Medio Rural, José González, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Foto: C.G / Claudina Estévez
Claudina Estévez
O titular do Goberno Galego presidiu este mércores, día 6, a entrega dos premios da XXXIV Cata de viños de Galicia, XXIV Cata de augardentes de Galicia e XI Cata de licores tradicionais en Boqueixón, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (lugar de Quián). Trátase dun evento que a Xunta organiza da man das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas e no que estivo acompañado, entre outros, polo conselleiro do Medio Rural, José González, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro.
No acto, Alfonso Rueda subliñou o apoio da Xunta ao sector vitivinícola galego “porque somos conscientes da transcendencia que ten na nosa economía e na imaxe que reflicte de Galicia”. Indicou que non só forma parte da cultura propia senón que é tamén clave no desenvolvemento económico e social da comunidade, na súa proxección turística e na súa capacidade para xerar emprego e para fixar poboación no rural. Integrado por máis de 10.000 viticultores e preto de 500 adegas que achegan un valor económico de máis de 230 millóns de euros cada ano, as expectativas do sector non deixan de medrar.
Estamos polo tanto ante un sector polo que aposta a Xunta con iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que traballa para manter os estándares de calidade dos viños, impulsar a súa internacionalización e innovar para afrontar retos como a remuda xeracional e o cambio climático. A maiores, a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia desenvolve tamén actuacións en beneficio do sector como a ordenación do rural, a diminución do parcelamento ou as oportunidades de emprendemento.
No marco do acto, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presentou o mercado dixital dos produtos galegos de calidade, un portal no que estas producións se poden vender e mercar, garantindo as mellores prácticas e promocionando un consumo de proximidade e de calidade.
Así, a través do portal dedicado ás 36 experiencias de calidade galegas (https://experienciasdecalidade.gal/gl ) pódense comprar xa dende calquera punto de España os viños, augardentes, licores tradicionais, queixos e meles premiados nas Catas de Galicia 2021, aínda que de xeito paulatino se irán incluíndo tamén o resto de produtos con distintivo de calidade.
COMPETITIVIDADE Trátase así dunha forma de valorizar, promocionar e recoñecer a excelencia das experiencias de calidade que nacen en Galicia, ao tempo que se contribúe á competitividade dos produtores locais, posto que son eles mesmos os que fixan os prezos das súas producións e os que reciben integramente a cantidade que se paga por cada unha.
Desta forma, segundo indicou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, poténciase o circuíto curto a través dunha plataforma loxística innovadora como é este mercado dixital, elaborado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
“Estamos ante un sector cargado de futuro”
O titular do Goberno Galego salientou durante a entrega dos premios da XXXIV Cata de viños de Galicia, XXIV Cata de augardentes de Galicia e XI Cata de licores tradicionais, que un terzo das peticións para fondos europeos dentro da orientación produtiva agrícola son para viñedos. “Estamos diante dun sector cargado de futuro”, apuntou o presidente da Xunta de Galicia. Asemade quixo facer fincapé na calidade dos produtos presentados ao certame e puxo en valor as catas como escaparate da viticultura galega. “Todos saímos gañando e todos sodes gañadores porque Galicia etiqueta calidade”, dixo.
En definitiva, Alfonso Rueda quixo aproveitar o evento para resaltar tamén a gran importancia deste sector na economía galega grazas ao seu atractivo turístico e a súa capacidade para crear traballo.
Apostar pola calidade
Dende logo Galicia é sinónimo de calidade. Unha calidade que queda patente máis alá das nosas fronteiras en moitos aspectos, pero quizais moi especialmente na súa comida e bebida. O sector vitivinícola, que onte se recoñeceu en Boqueixón, é fundamental para darlle pulo a economía galega. Resulta moi atractivo para o turista e xera emprego, polo que é básico que as administracións aposten por el. Toda iniciativa que vele polo benestar das comarcas vitivinícolas e que ademais se preocupe en modernizar e adaptar aos novos tempos o sector será fundamental para que sobreviva no tempo. De aí que sexa unha boa nova a creación dun portal para vender e mercar os produtos galegos de calidade. Mostrar Galicia ao mundo é clave.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión