Feros Corvos despide o verán xalleiro con lírica e tipografía

Hirofumi Matsuoka, 4º esquerda, con Blanca Ruzo, quinta, e membros da Asociación Shikoku. Foto: CSC / M. Outeiro
M. Outeiro
O Festival Feros Corvos de Santa Comba encara un mes de setembro cheo de actividades e, este mesmo sábado, a deseñadora de tipografías María Ramos impartirá unha conferencia titulada Tipografía, a forma da palabra a partir das seis da tarde na casa da cultura. Ademais, ao día seguinte o escenario trasládase á biblioteca municipal (18.00 h.) para desfrutar dun recital poético musical con Noriko Fukushima e Haruna Tabeke ó son do piano.
Hai que lembrar que a capital xalleira xa foi marco de catro actuacións deste evento, unha iniciativa do Ateneo Xalleiro que coorganiza co Concello de Santa Comba e forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. E, precisamente, abriu o ciclo o concerto titulado As Músicas do Camiño de Santiago a cargo de Mercedes Hernández e Fernando Reyes, que tivo lugar o 26 de xuño na capela de Rubín. Chegaron despois o recital de novos talentos musicais na biblioteca e a actuación de Cuarteto Novecento na capela de Santa Catalina. E xa máis recentemente impartiuse unha conferencia na casa da cultura Hirofumi Matsuoka, presidente da Asociación Shikoku Henro Tomonokai (ruta de peregrinaxe xaponesa irmandada ó Camiño de Santiago).
Respecto do resto de actividades durante o presente mes, na seguinte fin de semana Feros Corvos ten programadas dúas conferencias e outro recital poético musical. O sábado, 10 de setembro, desde as seis tarde e na casa da cultura, a lingüista María do Carme Parafita disertará sobre A mente multilingüe e o domingo no mesmo lugar, pero á unha da tarde, a crítica literaria Teresa Seara será a encargada de impartir unha charla baixo o título de Os feros corvos do Batallón Literario da Costa da Morte.
De mesmo xeito, esa mesma xornada, a do domingo 11 de setembro dende as 18.00 horas, a cultura trasládase á vivenda sociocomunitaria cun recital moi atractivo de Manuel Rivas e Vertixe Sonora Ensemble titulado En salvaxe compaña, dirixido por Nacho de Paz e coa participación da mezzosoprano Fredrika Brillembourg, quen subiu ó escenario dos principais teatros de ópera do mundo e cantou coas principais orquestras e incluso chegou a actuar baixo a batuta de directores de moito prestixio como Plácido Domingo. Ademais, esta estadounidense que recibiu críticas moi positivas en rotativos con moita reputación como o New York Times, aproveitará a súa estadía en Santa Comba para estrear en España dúas importantes composicións contemporáneas: It do francés Franck Bedrossian; e The Raven, monodrama para mezzosoprano e 12 músicos composto polo xaponés Toshio Hosokawa baseándose no famoso poema homónimo da autoría de Edgar Allan Poe.
Este ciclo cultural continúa na capital xalleira o sábado, 17 de setembro, coa intervención da poeta Yolanda Castaño e Carlos Méndez ó contrabaixo, que protagonizarán un recital poético musical a partir das seis da tarde na Casa do Pozo. Hai que destacar que Yolanda Castaño, que ten obras traducidas a 35 idiomas, é unha gran xestora cultural e conta con un palmarés de premios como poucos poetas xa que despois de gañar o Fermín Bouza Brey no ano 1995, fíxose merecedora dos premios da Crítica Española (1999), Espiral Maior (2007) ou El Ojo Crítico (2009), entre outros.
O remate do Feros Corvos, festival do son e da palabra está previsto que chegue o domingo, 18 de setembro, ás seis da tarde na biblioteca municipal, cun recital poético musical que contará coa voz de Ismael Ramos e a interpretación ó piano de David Durán.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial