Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vinte cinco anos de ‘A Estrada. Miscelánea histórica e cultural’

Numeroso público asistiu a presentación do último número da revista que estivo a cargo de Blanco Valdés e Fernández Castro

Pola esquerda: Juan Andrés Fernández, Juan Luis Blanco Valdés e José López. Foto: Sangiao

Pola esquerda: Juan Andrés Fernández, Juan Luis Blanco Valdés e José López. Foto: Sangiao / María Rendueles

María Rendueles

A sala do MOME acolleu este martes a presentación do último número da revista anual A Estrada, Miscelánea, histórica e cultural que cumpre a súas vodas de prata ao chegar aos 25 anos. Un acto que contou coa presenza de numeroso público e que estivo presidido polo alcalde de A Estrada, José López Campos que estivo acompañado do director da publicación, Juan Andrés Fernández Castro, e do coordinador editorial e membro do padroado, Juan Luis Blanco Valdés.

O director realizou un breve resumo da traxectoria da revista e presentou os 14 traballos incluídos no volume, consagrados a temas moi diversos (literatura medieval, urbanismo, deportes, historia moderna), salientando o índice de autores e artigos que o volume incorpora con motivo destes vinte cinco anos.

No balance, precisamente, dos cinco lustros da revista, Blanco Valdés sinalou como palabras clave madurez, consolidación e referencia en historia local, un proxecto que, naceu en 1998 froito do entusiasmo e xenerosidade intelectual do seu director Juan Andrés Fernández, callou, na súa opinión, nunha das mellores revistas de historia e cultura local xa non de Galicia senón de España, do que é boa mostra, precisamente, unha páxina web modélica e moderna (miscelanea.aestrada.gal), que certifica a súa integración no universo dixital.

Non en van, opinou, estes 25 anos produciron 341 artigos de 151 autores, un acervo que transita por todos os eidos do coñemento: xeografía, demografía, sociedade, etnografía, antropoloxía social, historia, literatura, lingüística, xornalismo... e que testemuña, ademais, o dinamismo e riqueza das terras de Tabeirós, Deza e Montes.

Finalmente, o alcalde da Estrada puxo de relevo a transcendencia dunha publicación del tipo como a Miscelánea para a historia e a cultural local estradense, a súa proxección internacional a través da magnífica web da revista e, con motivo destas vodas de prata da publicación, reafirmou e garantiu o apoio institucional do concello á cultura da vila a través do Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela e a Miscelánea.

Tracking Pixel Contents