Cee ampliará a rede de auga potable de Sembra e Carbaliza

Vista panorámica de Cee.

Vista panorámica de Cee. / ECG

O Concello de Cee ampliará, nunha segunda fase, a traída de auga aos lugares de Sembra e Carbaliza. As obras, valoradas en 48.491 euros, serán financiadas con cargo aos fondos do POS+ 2022, segundo a alcaldesa, Margarita Lamela.

No referido plan están incluídas tamén as melloras das estradas de Estorde ao cruce de Guimareu (62.028 €), os camiños interiores de Vilar de Toba (53.808 €) e a pavimentación en Chafarís e do ramal de Aspadex (44.438 €). A rexedora ceense xa formalizou a acta de replanteo para que comecen as obras.