Galicia combate a despoboación do rural con 27 novas concentracións parcelarias
Súmanse ás 25 resoltas en tres anos, período no que recibiron axudas para traballar no campo 353 mozos, un 27 por cento máis

1.160 propietarios. Pola esquerda, de pé, José González, Luis Oujo, Inés Santé e o concelleiro Manel Deán, no acto de entrega dos títulos da concentración parcelaria da parroquia de Nebra a un total de 1.160 propietarios. Foto: Suso Souto / Suso Souto
Suso Souto
Minifundismo e perda de poboación foron historicamente os grandes problemas do rural galego. A concentración parcelaria segue a ser un dos mellores mecanismos para darlle máis valor ás terras, aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción. Os incentivos á xuventude para asentarse no rural e apostar polo traballo na agricultura e a gandeiría, xunto coas políticas de mellora de infraestruturas, servizos e accesos, empezan a xerar datos esperanzadores.
Ata hai uns anos, os procesos de concentración parcelaria eran demasiado lentos. Trinta e cinco anos durou a que vén de rematar este martes en Nebra (O Son) coa entrega dos títulos de propiedade. Pero a entrada en vigor en 2015 da Lei de mellora da estrutura agraria de Galicia marcou un antes e un despois ao permitir, entre outras cousas, acelerar eses procesos.
Na actualidade, as novas concentracións teñen unha concepción moderna da mellora das estruturas, orientadas a favorecer o desenvolvemento económico das explotacións. Entre 2020 e o que vai de 2023, a Xunta rematou 25 concentracións parcelarias, que abarcaron máis de 18.000 hectáreas, beneficiando a preto de 12.500 propietarios que recibiron máis de 28.000 títulos de propiedade.
Nese período incrementouse un 27 % o número de mozos e mozas que percibiron axudas da Administración autonómica para traballar na agricultura ou na gandeiría. En 2020 foron 278 os mozos de entre 18 e 40 anos os que se repartiron 10,3 millóns en axudas; en 2022 foron 353 e a contía foi de 15 millóns. Este ano contémplanse para ese fin 16,5 millóns.
O conselleiro do Medio Rural, José González, asistiu este martes en Nebra á entrega dos títulos ós 1.160 propietarios das 2.500 parcelas resultantes de concentrar case 7.500 predios que ocupan 610 hectáreas. O tamaño medio por parcela triplicouse e pasou de 814 a 2.485 m2.
González, que estivo acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e do alcalde sonense, Luis Oujo, destacou que a Xunta investiu neste proceso de reorganización do territorio algo máis de 3,1 millóns de euros.
Dende 2021 ata a actualidade decretáronse 27 novas concentracións parcelarias en Galicia, que abarcan 22.588 hectáreas e afectan a 107.317 parcelas de 15.387 titulares. O obxectivo de Medio Rural é acadar os 30 procesos (decretados e finalizados) neste primeiro semestre.
“A Xunta seguirá entregando títulos noutras áreas de Galicia e decretaranse novas zonas onde a prioridade sexa, precisamente, a ampliación de base territorial para as explotacións agropecuarias. Así, a Consellería ten orzamentados 17 millóns de euros en 2023 para tal fin”, sinalou o representante autonómico.
Por outra banda, dende a entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia (en 2021) unhas 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria, correspondentes a 21 polígonos agroforestais, a 21 aldeas modelo e a permutas voluntarias en Friol (Lugo).
“Nos tres últimos anos puxemos a andar procedementos para mobilizar e para dar terreos aos nosos agricultores e gandeiros por encima das 30.000 hectáreas: un 1 % do territorio galego”, engadiu.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias