Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello amesán vai rematar as obras pendentes en Ponte Cabirta

Estado actual do vello paso de Ponte Cabirta, entre Ames e Santiago.

Estado actual do vello paso de Ponte Cabirta, entre Ames e Santiago. / L.M.

A Maía.

A administración local amesá será a encargada de rematar as obras pendentes para rehabilitar o entorno de Ponte Cabirta, o tradicional paso sobre o río Sar entre A Maía e Santiago. E farao nesta mesma primavera, despois de que se resolvese o contrato coa empresa adxudicataria destes traballos, segundo confirmaba o concelleiro de Educación e Axenda Urbana, o nacionalista David Santomil, a este xornal. Foi a xunta de goberno local a que aprobou no 2021 o expediente de licitación das actuacións dirixidas á protección e consolidación da calzada e do arco da ponte, por 36.000 € e con financiadción provincial. O seu obxecto é o de rehabilitar o paso peonil e reparar o lousado das ribeiras. Nas zonas que conten con firme danado búscase ademais a recuperación das pedras para a súa nova montaxe, e a actuación inclúe tamén rozas en ambas marxes, nunha franxa de seis metros a cada lado. Á súa vez, proxectarase a instalación de dous canos para facilitar a conservación do viario. Os sendeiristas urxen o seu remate.

Tracking Pixel Contents