O uso intensivo dos cinco vehículos da Policía amesá obriga a encargar dous novos coches

Dous dos vehículos que está a empregar a Policía amesá / concello

Dous dos vehículos que está a empregar a Policía amesá / concello / Marcos Manteiga

O Concello de Ames asinou o contrato para o subministro de dous vehículos, baixo a modalidade de renting, para a Policía Local de Ames. Ademais, aprobouse a adxudicación do contrato do servizo de mantemento da rede semafóricaa favor de Kapsch Trafficcom consultoría técnica SAU por 87.785,02 euros durante 48 meses.

A regulación do tráfico é unha competencia adscrita á Policía Local. Neste caso a regulación faise a través da rede semafórica e para que funcione correctamente é necesario subcontratar o servizo de mantemento. E no que atinxe ao renting, foi adxudicado a empresa Autos Iglesias SL por un importe de 167.851,20 euros (IVE incluído). Na actualidade, o corpo da Policía Local de Ames, integrado por un total de 21 efectivos en activo, conta cun parque automobilístico de tres vehículos e dúas motos para desenvolver o seu traballo, que rexistran un uso intensivo (todos os días á semana, practicamente 24 horas). Por iso, os axentes manifestaron a necesidade de dispor duns novos.