Cee celebrará o Día do Teatro coa nova obra de Malasombra

O Concello conmemorará o Día Mundial do Teatro coa conferencia fúnebre, cómico e teatral De algo hai que morrer

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, o concelleiro de cultura, Juanma Buiturón e o técnico de cultura, Víctor Castiñeira, presentan a programación de xaneiro a maio 2023.

A alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, o concelleiro de cultura, Juanma Buiturón e o técnico de cultura, Víctor Castiñeira, presentan a programación de xaneiro a maio 2023. / Concello de Cee

O Concello de Cee conmemorará o Día Mundial do Teatro coa conferencia fúnebre, cómico e teatral De algo hai que morrer, a nova montaxe da compañía Malasombra. A cita é o sábado, día 25, a partir das 20.30 horas no Auditorio Baldomero Cores da casa de cultura.

As entradas para o espectáculo, recomendado para maiores de doce anos, xa están á venda, ata o vindeiro venres, na biblioteca municipal a un prezo de 5 € (3 € as bonificadas). Tamén se poderán mercar o propio día da función desde unha hora antes na billeteira.