Boiro debaterá o orzamento e unha partida de 2,1 millóns para as facturas pendentes

Concello de Boiro

Concello de Boiro / Suso Souto

Redacción

O goberno local de Boiro presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste xoves os orzamentos municipais para 2023, que ascenden a 15.661.283 euros.

O documento inclúe as subvencións nominativas a entidades deportivas, culturais e sociais, que manteñen as cifras concedidas no último ano, e unha subvención nominativa de 125.000 euros para o acondicionamento das instalacións do Club Náutico de Barraña.

En canto ós principais investimentos, contémplase o proxecto de urbanización en Comoxo, que ascende a 320.000 euros.

Por outra parte, proponse para a súa aprobación no pleno unha partida para o pago das facturas pendentes do ano 2022 mediante a liquidación dese exercicio, que ascende a 3.700.000 euros. “Co pago destas facturas pendentes quedaría aínda un excedente de 1.600.000 € para destinar a outras actuacións”, explica o executivo.