Juan Galán presenta este xoves o seu libro ‘El eco de tu voz’ no Pazo da Peregrina

Pazo da Peregrina de Bertamiráns

Pazo da Peregrina de Bertamiráns / ECG

Redacción

As bibliotecas municipais de Ames pechan o mes de marzo cun novo encontro literario. Nesta ocasión presentarase o libro El eco de tu voz, de Juan Galán. Será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns este xoves día trinta, ás 20.00 horas. Acompañará ao autor o historiador e profesor da USC Francisco Leira Castiñeira, nun acto que estará presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada é libre ata completar aforo.

El eco de tu voz narra a vida de Adela, que conta a súa historia a través da súa propia voz, pero tamén da doutras mulleres que coñece. A mencionada obra é tamén a historia dun amor apaixonado entre Fabiana Ponte, a avoa anarquista da obra, e a escritora británica Virginia Woolf, unha trama que se desenvolve no ano 1916 na cidade da Coruña.

Por outra banda, segundo explica o propio autor, Juan Galán, “o libro xira ao redor da emancipación da muller e, especificamente, da independencia que a muller escritora debe ter para crear”.