Unha senda peonil conecta xa A Casilla, Araño e Burés ao longo de 1,3 quilómetros

Imaxe da nova senda que conecta A Casilla, Araño e Burés / xunta

Imaxe da nova senda que conecta A Casilla, Araño e Burés / xunta / redacción

Redacción

A Xunta rematou as obras da nova senda que conecta, a través da estrada AC-305, A Casilla, O Araño e Burés, en Rianxo, cun investimento máis de 500.000 euros.

Executouse pola marxe dereita da estrada, habilitando máis de 1,3 km de senda. O primeiro treito parte de Burés, a continuación da beirarrúa existente, e finaliza en Os Xens, onde conecta coa senda que xa había. Son, en total, 820 metros de novo itinerario. O segundo treito, de 510 metros, comeza en Contrés e finaliza na Casilla, dando continuidade á senda existente. En outubro rematouse tamén en Burés, na marxe dereita, outra senda cun investimento de 50.000 €.